Alberto Manuel Nemesio Blanco Rodríguez, nado en Muxía en 1949, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Administrativo no sector da madeira. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura de Alianza Popular en Muxía, logrando 5 concelleiros fronte aos 8 da CPG de Xesús María Barrientos. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG, logrando 6 concelleiros, os mesmos que Barrientos (nesta ocasión á fronte do PSdeG-PSOE) pero con menos votos, tendo a chave o único concelleiro do BNG Xoán Bautista Pose Paz. Sorpresivamente os concelleiros populares, con el á cabeza, apoiaron ó nacionalista Pose Paz como alcalde e pasaron a gobernar con el, sendo Blanco o primeiro tenente de alcalde.

Nas municipais de 1995 logrou se-la candidatura máis votada, con 6 concelleiros, pero non logrou a alcaldía tras poñerse nesta ocasión de acordo socialistas e nacionalistas, devolvéndolle a alcaldía a Barrientos. Porén, este último foi inhabilitado e tivo que presenta-la súa dimisión en setembro de 1995. Trala ausencia dun concelleiro socialista, Jaime Bermúdez, na sesión de investidura, que deixou a socialistas e nacionalistas en minoría, logrou ser elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. Posteriormente Bermúdez pasaría a formar parte das filas populares. Nas municipais de 1999 revalidou a alcaldía con maioría absoluta (7 concelleiros). A recta final dese mandato estivo marcada polo naufraxio do Prestige en novembro de 2002. Nas municipais de 2003 revalidou a alcaldía con maioría absoluta, novamente con 7 concelleiros.

Nas municipais de 2007 perdeu a alcaldía tras verse superado polo PSdeG-PSOE (ambos empatados a 6 concelleiros), os cales formaron goberno co BNG. Nas municipais de 2011 encabezou de novo a candidatura do PPdeG pero lonxe de recuperar posicións o PSdeG logrou a maioría absoluta con 8 concelleiros fronte a 4 dos populares. En maio de 2012 renunciou como presidente local do partido, abrindo o proceso de renovación da formación, manténdose como concelleiro ata as eleccións do 2015El exalcalde Alberto Blanco deja la primera línea política en Muxía.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Eleccións municipais en Muxía

Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Muxía Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Muxía Categoría:Nados en 1949 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes