miniatura|A cidade de Kaş vista desde o mar. Kaş (pronunciado en turco [kaʃ]) é unha pequena cidade turca turística para pescar, mergullarse e navegar en iate, así como unha municipalidade e distrito da provincia de Antalya, Turquía.Büyükşehir İlçe Belediyesi , Turkey Civil Administration Departments Inventory. Consultado o 8 de xuño de 2023. A área do distrito é de 1.750 km2, e a súa poboación é de 62.866 (2022). Está situada a 168 km ao oeste da cidade de Antalya. Como localidade turística considérase relativamente pouco transformada.

Historia Aínda que a península de Teke estivo ocupada desde a Idade da Pedra, parece que Kaş foi fundada polos licios e o seu nome en lingua licia era Habesos ou Habesa. Foi un dos membros da Liga Licia, e a súa importancia durante ese perídodo confírmase pola presenza dunha das necrópoles licias máis ricas.

No período helenístico e baixo o Imperio Romano serviu como porto de Felo (Phellus) chamado Antifelo (Antiphellus, en grego Αντίφελλος), o nome polo cal se coñecía naquel momento.

miniatura|esquerda|Mapa histórico de Kaş feito por Piri Reis. miniatura|Unha rúa de Kaş con casas tradicionais e unha tumba licia ao fondo. miniatura|Restos colocados artificialmente dun Douglas DC-3, un dos 50 lugares para mergullarse na veciñanza de Kaş.

A cidade sufriu incursións árabes, e despois foi anexionada (co nome de Andifli) ao sultanato de Rum de Anatolia, liderado polos turcos selxúcidas. Despois da caída dos selxúcidas, pasou ao poder dos turcos otománs.

En 1923, debido á expulsión forzosa da poboación de orixe grega acordada no intercambio de poboacións entre Grecia e Turquía despois da Guerra greco-turca (1919–1922), esta deixou a área para ir a Grecia.

A inicios da década de 1990 empezou un boom turistico en Kaş, que recibiu visitantes principalmente do Reino Unido e Alemaña. Este crecemento do turismo trouxo unha explosión de construcións de pisos (a miúdo sen licenza), que está ameazando gravemente a paisaxe e medio ambiente, afectando principalmente a península de Çukurbağ, no oeste da cidade, que agora conta con luxosos hoteis.

Xeografía

Era o décimo distrito máis poboado de Antalya en 2022, situado nun monte á beira da costa Turquesa do sur de Turquía. O distrito ten un típico clima mediterráneo con veráns quentes e secos e invernos suaves e húmidos, que permite cultivar laranxas, limóns e bananas. As áreas baixas foron tamén plantadas con flores e diversas árbores froiteiras e hortalizas. Moitas cultívanse durante todo o ano en invernadoiros. As ladeiras producen mel e améndoas, mentres que a maiores altitudes hai grandes bosques de piñeiros. O tempo é máis seco a elevadas altitudes. Aínda que a agricultura é aínda importante, hoxe o turismo é a principal fonte de ingresos do distrito, que ten moitos hoteis e casas de hóspedes.

Aproximadamente a 6 km da costa de Kaş está o illote grego de Kastelórizo (en turco Meis Adası) Bertarelli, p. 131 ao que se pode chegar por medio dun ferry turco diario coa opción de volver o mesmo día.

Composición do distrito

No distrito de Kaş hai 54 poboacións (mahalle):Mahalle , Turkey Civil Administration Departments Inventory. Consultado o 22 de maio de 2023.

Ağullu Ahatlı Aklar Akörü Bayındır Beldibi Belenli Belkonak Bezirgan Boğazcık Çamlıköy Çamlıova Çataloluk Çavdır Çayköy Cemre Çerler Çeşmeköy Çukurbağ Dereköy Dirgenler Doğantaş Gelemiş Gökçeören Gökçeyazı Gömbe Gürsu Hacıoğlan İkizce İslamlar Kalkan Karadağ Kasaba Kemerköy Kılıçlı Kılıçlıyayla Kınık Kızılağaç Merkez Ortabağ Ova Palamutköy Pınarbaşı Sarıbelen Sarılar Sinneli Sütleğen Uğrar Üzümlü Yaylapalamut Yeniköy Yeşilbarak Yeşilköy Yuvacık

Turismo A industria turística está centrada na agradable cidade de Kaş, pero hai moitas outras cidades e vilas no distrito que teñen moitos aloxamentos para os visitantes como en Kalkan e Gelemiş. Pode chegarse ao distrito desde os aeroportos de Antalya e Dalaman, xa que non hai aeroporto en Kaş.

Kaş é unha cidade con mar azul turquesa e rúas estreitas con flores de xasmín. En Kaş celébrase un festival artístico anual, concertos de jazz no teatro helenístico e a agrupación de artistas Kiln Under the Sea celebrou exposicións baixo o mar de cerámica.

Kaş é un dos mellores lugares de Turquía para o mergullo, tanto para mergulladores novatos coma experimentados. Hai máis de 15 centros para mergullo e escolas de mergulladores, a maioría situadas no porto local. Ofrecen excursións de mergullo guiadas a 50 lugares de mergullo da zona. Nas costas de Kaş abundan os peixes e polbos e hai tartarugas.

Ademais da diversidade biolóxica, Kaş ofrece a presenza de diversos restos históricos no fondo do mar. Ademais de varios lugares de naufraxios, hai seis sitios de naufraxios artificiais que se poden visitar, que están creando co tempo arrecifes artificiais e puntos de mergullo turísticos. Hai dous sitios importantes de naufraxios da segunda guerra mundial e da década de 1950 de avións e barcos. Outro importante punto de mergullo é o "Sitio do Arqueoparque de Kaş", un proxecto arqueolóxico experimental dirixido pola Sociedade de Investigacións Subacuáticas (Sualtı Araştırmaları Derneği-SAD) en 2006. Neste proxecto científico situouse baixo a auga unha reconstrución do naufraxio do Uluburun e do seu cargamento (un barco de finais da Idade do Bronce).

As actividades deportivas ao aire libre atraen tamén moitos visitantes, con actividades como: Kayakismo no mar en Kekova Bicicleta de montaña na comarca Sendeirismo na Vía Licia Descenso de canóns no Canón de Kibris.

Os venres Kaş adoita recbir visitantes gregos da illa de Kastelórizo que acoden aos seus mercados, como o mercado central, cheo de produtos locais e das vilas dos arredores.

Demografía

O distrito ten unha poboación de 62.866 (en 2022). A cidade ten 9.084 habitantes. Outras poboacións grandes son Kınık e Ova.

miniatura|Antiga tumba licia en Kaş.

Lugares de interese

miniatura|Anoitecer en Kaş. A cidade de Kaş ten un teatro helenístico e moitos outros lugares de interese histórico, así como praias e covas, algunhas delas baixo a auga. Hai unha escultura dun tiburón situada no fondo do mar que se pode visitar mergullándose, así como un naufraxio artificial dun avión Douglas DC-3. Praias famosas son: Kaputaş Plajı, a pequena Seyrekcakil Plaji ou Belediyesi Halk Plajı As ruínas das antigas cidades de Komba (na vila de Gömbe), Nisa, Kandyba, Felos, Istlada, Apolonia, Isinda e Kyaenai. Unha excursión habitual que se fai desde Kaş é á illa de Kekova no distrito veciño de Demre. Na súa baía hai varios naufraxios de barcos antigos e cidades antigas que quedaron mergulladas debido aos terremotos que se sucederon durante séculos. En decembro de 2006, Kaş foi engadida á área mariña de especial protección de Kekova para preservar a súa rica biodiversidade.

Panorama

miniatura|Porto deportivo de Kaş de noite.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Riviera turca

Bibliorafía

Ligazóns externas Información sobre Kaş do Ministerios Turco de Cultura e Turismo Ligazón a 150 imaxes do lugar