Karuara, la gente del río é un filme documental peruano-canadense de 2024 dirixido por Stephanie Boyd e Miguel Aráoz Cartagena. Foi coproducido e protagonizado por Mari Luz Canaquiri, e narra, dende unha perspectiva espiritual e profunda, que o río Marañón é un ser vivo no que habitan os espíritos karuaras.

O filme é unha denuncia do xenocidio cultural cocama e fai un chamamento á acción para salvar a Amazonía. Tamén convida a coñecer e comprender as tradicións e a conexión entre o pobo cocama e a selva.

O filme gañou os premios a Mellor Filme Peruano e Mellor Filme do Público no Festival de Cinema de Lima de 2024.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Mari Luz Canaquiri

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes do Perú Categoría:Filmes do Canadá