O marquesado de Trives é un título nobiliario español creado polo rei Afonso XII en favor de Nicanor Alvarado Casanova, deputado a Cortes polo distrito de Ourense. O título foi concedido o 30 de xaneiro de 1875 por real decreto e o 17 de maio do mesmo ano por real despacho.

Foi rehabilitado en 2012, durante o reinado de Xoán Carlos I, por María Luisa Fernández de Córdoba e Maldonado.

Marqueses de Trives TitularPeríodoCreación por Afonso XIIINicanor Alvarado Casanova1875-1897IIJacinta de Alvarado Barroeta1897-1921IIIMaría Luisa Maldonado Alvarado1923-?Rehabilitación por Xoán Carlos IIVMaría Luisa Fernández de Córdoba e Maldonado2013-hoxe

Historia dos marqueses de Trives

Nicanor Alvarado Casanova (m. 16 de xullo de 1897), I marqués de Trives e deputado a Cortes.

Casou con Luisa Carlota de Barroeta-Aldamar e González de Echevarri (m. 1905), benfeitora e presidenta da Xunta de Damas de Honra e Mérito da Real Sociedade Matritense de Amigos do País, vicepresidenta do Real Padroado das Escolas de Párvulos e dama nobre da Orde de María Luisa desde 1878. O 18 de maio de 1897 sucedeulle a súa filla:

Jacinta de Alvarado e Barroeta-Aldamar (m. Madrid, 29 de abril de 1921), II marquesa de Trives.

Casou con Fernando Maldonado e González da Riva, VI marqués de Casteláns e II vizconde de Hormaza. O 7 de febreiro de 1923 sucedeulle a súa filla:

María Luisa Maldonado e Alvarado, III marquesa de Trives, VII marquesa de Casteláns.

Casou con Evaristo Correa e Calderón. O 14 de marzo de 2013, tras solicitude cursada o 21 de marzo de 2011 (BOE do 30 de abril) e real decreto do 7 de decembro de 2012 (BOE do día 22 do mesmo mes), sucedeulle, por rehabilitación, a súa sobriña:

María Luisa Fernández de Córdoba e Maldonado, IV marquesa de Trives, marquesa de Revilla da Cañada.

Notas

Categoría:Marquesados de Galicia Categoría:A Pobra de Trives