O ralo africano (Crecopsis egregia) é unha ave de tamaño pequeno a medio que vive no chan da familia dos rálidos, atopado na maioría do sur de África. É común estacionalmente na maioría da súa área de distribución excepto nas selvas e nas áreas que teñen unha precipitación anual baixa. Este ralo é parcialmente migrador, partindo da zona ecuatorial en canto as chuvias proporcionan suficiente cobertura de herba que lle permita vivir noutra parte. Houbo algúns rexistros de exemplares vagantes que chegaron ás illas atlánticas, mesmo a Tenerife. Esta especie nidifica nunha ampla variedade de tipos de pradeiras e tamén pode utilizar terreos agrícolas con cultivos de talo alto.

O ralo africano é un ralo máis ben pequeno con dorso anegrado con manchas marróns, parte ventral gris azulada e manchas negras e brancas nos flancos e ventre. Ten un bico vermello máis ben gordo, ollos vermellos e unha liña branca que vai desde o bico ata a zona por riba do ollo. É máis pequeno que o rei dos paspallás, o cal é tamén de plumaxe máis claro e ten unha liña no ollo. O ralo africano fai diversas vocalizacións, a máis característica é unha serie de rápidos sons renxentes krrr. É activo durante o día e é territorial tanto nas áreas de reprodución coma fóra delas; o macho fai unha exhibición de ameaza, e pode loitar nos límites do seu territorio. O niño é unha copa pouco profunda de follas de herba construída nunha depresión baixo unha mata de herba ou pequeno arbusto. Os seus de 3 a 11 ovos empezan a facer eclosión despois duns 14 días, e as crías negras, cubertas de penuxe e precoces empluman en catro ou cinco semanas.

O ralo africano aliméntase dunha ampla variedade de invertebrados, xunto con algunhas pequenas ras e peixes, e tamén de materia vexetal, especialmente sementes de herbas. É depredado por aves de presa grandes, serpes ou mamíferos, incluíndo os humanos, e pode albergar parasitos. Aínda que pode desprazarse temporalmente por causa de lumes nas pradeiras, ou permanentemente por culpa da agricultura, a drenaxe de zonas húmidas ou a urbanización, a súa ampla área de distribución e poboación fan que non sexa considerado unha especie ameazada.

Taxonomía

Os rálidos son unha familia de aves que comprende case 150 especies. Aínda que as orixes do grupo pérdense no tempo, o maior número de especies e as formas máis primitivas atópanse no Vello Mundo, o que suxire que esta familia se orixinou alí. A taxonomía dos ralos pequenos é complicada, mais durante moito tempo se pensou que o parente máis próximo do ralo africano era o rei dos paspallás (Crex crex), que se reproduce en Europa e Asia, pero pasa o inverno en África. O ralo africano foi descrito por primeira vez co nome Ortygometra egregia por Wilhelm Peters en 1854 a partir dun espécime recollido en Mozambique, mais o nome do xénero non chegou a establecerse. Durante algún tempo foi situado como membro único no xénero Crecopsis mais despois pasárono ao xénero Crex, creado para esta especie polo naturalista e ornitólogo alemán Johann Matthäus Bechstein en 1803.

Richard Bowdler Sharpe considerou que esta ave africana difería suficientemente do rei dos paspallás como para ter o seu propio xénero Crecopsis, e autores posteriores situárono ás veces en Porzana, baseándose en semellanzas con P. albicollis (hoxe Mustelirallus albicollis). Diferenzas estruturais descartaron Porzana, e a súa colocación dentro de Crex pasou a ser o tratamento máis común e máis apoiado,Taylor & van Perlo (2000) p. 30Livezey (1998) p. 2098 ata que a Comité Ornitolóxico Internacional (IOC) na súa lista mundial de aves d 2020 volveu a situar este ralo no xénero Crecopsis. Esta decisión debeuse ás investigacións que mostraban que o ralo africano estaba máis estreitamente relacionado con Rougetius rougetii, que co rei dos paspallás.

O nome do xénero Crecopsis deriva de Crex e do grego antigo opsis, 'aparencia', e o nome da especie egregia deriva do latín egregius, 'salientable, prominente'.

Descrición

miniatura|esquerda|En Suráfrica. É un ralo máis ben pequeno, de 20–23 cm de longo cunha envergadura de 40–42 cm. O macho ten a parte dorsal de cor anegrada e con manchas marróns oliváceas, excepto a caluga e parte posterior do pescozo, que son marróns claras; ten unha liña branca que vai da base do bico á zona por riba do ollo. As partes laterais da cabeza, parte anterior do pescozo, gorxa e peito son de cor gris-azulada, as plumas de voo son marróns escuras, e os flancos e laterais da barriga teñen raias negras e brancas. O ollo é vermello, o bico avermellado e as patas e pés son marróns claras ou grises. Os sexos son de aspecto similar, aínda que a femia é lixeiramente máis pequena e clara que o macho, cun padrón da cabeza menos contrastado. Os exemplares inmaturos teñen partes ventrais máis escuras e apagadas que os adultos, un bico negro, ollo gris e menos liñas no ventre. Non hai variacións subespecíficas ou xeográficas na plumaxe. Este ralo experimenta unha muda completa despois da reprodución, principalmente antes da migración. Se ben esta especie aparece en hábitats bastante abertos, carece da cor branca baixo a cola usada como sinalización en augas abertas ou propia de especies gregarias como os galos de auga (Fulica) e as galiñas de auga (Gallinula).

O ralo africano é máis pequeno que o rei dos paspallás, o cal ten tamén partes ventrais máis escuras, cara gris e diferentes padróns de liñas nas partes ventrais. En voo, a especie africana ten ás máis curtas e romas cun bordo de ataque branco menos prominente e dá batidos de ás máis profundos que os seus parentes. Outros ralos simpátricos son máis pequenos e con marcas brancas ventrais, padróns diferentes nas partes inferiores e un bico máis curto. O ralo africano ten partes inferiores marróns escuras, un bico vermello longo e patas e pés vermellos.

Vocalización Igual que outros rálidos, esa especie ten unha gran variedade de vocalizacións. A chamada territorial e de advertencia do macho é unha serie de sons renxentes rápidos como krrr repetidas dúas ou tres veces por segundo durante varios minutos. Fana principalmente na estación reprodutora, usualmente ás primeiras ou últimas horas do día, pero ás veces continúan despois do solpor ou empezan antes do amencer. O macho mantense de pé co pescozo estarricado cando está facendo a advertencia, pero tamén fai a chamada cando persegue os intrusos polo chan ou en voo. Ambos os sexos fan unha chamada alta e aguda como un kip como alarma ou durante interaccións territoriais, adaptando unha pose similar á que adoptan cando fan a chamada de advertencia. Unha vez que empeza a reprodución, son moito máis silenciosas, pero os exemplares territoriais comezan a chamada kip de novo durante a estación non reprodutora, especialmente cando hai unha alta densidade de ralos africanos na área. Un arfante kraaa está asociado con exhibicións de ameaza e a copulación; a imitación desta chamada feita por un humano pode facer que o ralo se achegue ata uns 10 m. As crías que acaban de facer eclosión fan unha chamada suave tipo uiiiz, e as crías máis vellas pían.

A chamada de advertencia estridente distínguese doadamente do huitt-huitt-huitt da poliña pinta, o monótono tictac de reloxo tak-tak-tak-tak-tak da poliña raiada, ou o kuik-kuik da poliña anana. O rei do paspallás é silencioso en África.

Distribución e hábitat miniatura|Pradeira africana, hábitat ideal para o ralo africano. O ralo africano vive na África subsahariana desde Senegal ata Kenya polo leste, e ata KwaZulu-Natal, Suráfrica polo sur, excepto nas áreas áridas do sur e suroeste de África onde as precipitacións estivais anuais son de menos de 300 mm. Está moi espallado e é localmente común na maior parte da súa área, agás nas selvas e nas rexións máis secas. Case toda a poboación surafricana duns 8.000 exemplares vive en KwaZulu-Natal e a antiga Provincia de Transvaal, e hai moito hábitat bo para el protexido dentro do Parque Nacional Kruger e o Parque de Zona Húmida de iSimangaliso. Este ralo só pode verse como ave vagante ata o sur de Mauritania, soroeste de Níxer, Lesoto, norte de Suráfrica e leste da Provincia do Cabo e Provincia Noroeste e sur de Botsuana. Consultado o 26 de maio de 2011 Máis lonxe, é raro na illa de Bioko (Guinea Ecuatorial),Larison, Brenda; Smith, Thomas B; Milá, Borja; Stauffer, Donald; Nguema, José (1999) " Bird and Mammal Surveys of Rio Muni" pp. 9–57 in e houbo dous rexistros da súa presenza en São Tomé e outros dous en Tenerife, e estas aves vistas nas Canarias son o seu primeiro rexistro no Paleártico occidental. Os restos do Holoceno atopados no norte de África suxiren que a especie estaba máis espallada cando o clima era máis húmido na zona onde agora está o deserto do Sáhara.Peter, Joris; Pöllath, Nadja (2002) "Holocene faunas of the Eastern Sahara: zoogeographical and palaeoecological aspects" pp. 34–51 in

Este ralo é unha ave parcialmente migradora, pero, aínda que é menos vagabundo e axexante que moitos dos seus parentes, os seus movementos son complexos e pouco estudados; o mapa de distribución é, polo tanto, bastante hipotético. É principalmente un reprodutor da estación húmida, e moitos exemplares vanse da zona do ecuador en canto as chuvias permiten o crecemento de suficiente cobertura herbácea para que poida reproducirse noutra parte. O movemento cara ao sur é pincipalmente de novembro a abril, o retorno ao norte empeza cando os incendios ou a seca reducen a cobertura de herba de novo. Esta especie está presente todo o ano nalgúns países de África Occidental e nas rexións ecuatoriais, pero mesmo nesas zonas a súa cantidade varía estacionalmente debido aos movementos locais; detectouse unha migración norte-sur en países como Nixeria, Senegal, Gambia, Costa do Marfil e Camerún. A migración implica pequenos grupos de ata oito aves. Despois de que comezaron as chuvias, poden pasar un ou dous meses ata que a herba está o suficientemente alta para que cheguen as aves reprodutoras. Incluso en África do sur, algunhas aves poden permanecer alí despois de reproducirse se queda suficiente hábitat utilizable.

O hábitat é predominantemente de pradeira, que pode ser desde as beiras das zonas húmidas e marismas estacionais ata a sabana, pradeiras secas con algúns árbores, e claros de bosque con herbas. O ralo tamén frecuenta os campos de millo, arroz e algodón, granxas abandonadas e plantacións de cana de azucre preto da auga. Usan unha ampla variedade de especies herbáceas, cunha altura preferida de 0,3–1 m, pero a vexetación é aceptable ata os 2 m de altura. Normalmente prefiren hábitats de pradeira herbosa máis húmidas e de talos máis curtos que as que prefire o rei dos paspallás, e os seus territorios reprodutores adoitan conter ou están próximos a matos ou termiteiros. Vive desde o nivel do mar ata os 2.000 m de altura, mais é raro en pradeiras de maior altitude. O seu hábitat de pradeira arde frecuentemente na estación seca, o que forza as aves a marchar a outro lado. Nun estudo feito en África oriental, a área media ocupada por un exemplar era de 2,6 ha cando se reproducían, e de 1,97 a 2,73 ha noutros momentos. As maiores densidades ocorren en pradeiras húmidas ou vizosas como as do delta do Okavango.

Comportamento

miniatura|Ilustración de Claude Gibney Finch-Davies, 1912.