Enrique Devesa Turia, nado na Fonsagrada o 26 de febreiro de 1920 e finado en Santiago de Compostela o 10 de xaneiro de 2016, foi un médico e político galego.

Traxectoria Fixo o bacharelato no Instituto de Lugo. Cursou a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e foi xefe do SEU. Profesor axudante da Facultade de Medicina da USC, foi despois profesor de Patoloxía cirúrxica. Estivo pensionado para cursar estudos de Anestesioloxía e reanimación na Universidade de Oxford. Presidente da asociación de Cabezas de Familia, foi concelleiro de Santiago de Compostela e tenente alcalde. Deputado polo Terzo de Cabezas de Familia na Coruña, foi procurador en Cortes (1967-1971).La Noche, 11-10-1967, p. 4. Foi médico anestesista da Seguridade Social en Santiago de Compostela ata a súa xubilación en 1990.

Vida persoal Casou con María Isabel Pérez Bobillo e foi pai de María del Pilar, Enrique, Jorge, Carlos, Óscar, Isabel e Beatriz Devesa Pérez-Bobillo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Barreiro Fernández, Xosé Ramón; López Morán, Beatriz; Mínguez Goyanes, Xosé Luís (2003). Parlamentarios de Galicia : biografías de deputados e senadores (1810-2003). Parlamento de Galicia - Real Academia Galega. ISBN 84-87987-25-7.

Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados na Fonsagrada Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2016