miniatura|Casa do concello de Pontedeume, desde a cal pronunciou Galo Salinas o seu discurso.

O discurso de inauguración da Asociación Rexionalista Galega de Pontedeume foi lido o 8 de agosto de 1891 polo escritor, xornalista e mestre Galo Salinas, no Pazo do Concello de Pontedeume durante o acto de inauguración do comité local eumés da Asociación Regionalista Gallega. Supuxo o primeiro discurso político lido en lingua galega. Marco sociocultural

Na segunda metade do século XIX estendeuse por Galiza o Rexurdimento, un movemento de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, histórica e política. A publicación en 1863 de Cantares gallegos, obra escrita integramente en galego por Rosalía de Castro, marca a plenitude do Rexurdimento. A lingua galega rexurdiu con escritores, ademais de Rosalía, coma Pondal, Lamas Carvajal e Curros. miniatura|esquerda|Placa conmemorativa dos Xogos florais de Tui. Unhas das primeiras manifestacións do Rexurdimento foron a celebración en diferentes localidades galegas de Xogos florais, encontros literarios que, ademais da finalidade literaria, tiñan o obxectivo de espertar o sentimento galego, defender os seus ideais e atender ás necesidades sociais. Os celebrados en Tui do 24 ao 26 de xuño de 1891 constituíron un gran pulo na concienciación da identidade galega, tanto no ámbito social coma no político. Nesta data o Rexurdimento xa era unha realidade e os xogos contribuíron a un maior recoñecemento público da lingua e literatura galegas, sendo considerados o primeiro acto público desenvolvido integramente en galego. No acto participaron, entre outros, os grandes representantes do Rexionalismo naquela época como Manuel Murguía, destacado polo seu discurso enaltecedor da nacionalidade galega, Alfredo Brañas, Salvador Cabeza de León, José Tarrío, Juan Barcia Caballero, Manuel Lago González ou Manuel Carlos Vidal Rodríguez. O discurso pronunciado por Murguía o 24 de xuño marca un fito ao ser a primeira vez que se utiliza o galego nun acto público no século XIX. Os discursos dos Xogos Florais de Tui enmárcanse nunha contorna literaria-cultural, se ben tiñan tamén a súa carga política. É por isto que o discurso de Galo Salinas é considerado como o primeiro discurso integramente político en galego.

O discurso A primeira nova deste acto político en Pontedeume achegouna o historiador Miguel Anxo Seixas no primeiro tomo da súa biografía de Castelao. A este respecto, sinala Seixas que "esta xornada amosa a vontade daquela xeración por recuperar o galego como lingua pública". Explica Seixas que "hai algunhas informacións que apuntan que durante a guerra do francés xa se utilizou o galego como lingua das proclamas pero non hai ningún documento que o certifique"; indica que "tamén, hai información que achega que Pardo de Andrade dirixíase en 1813 ao pobo de Compostela en galego nas súas intervencións críticas coa Inquisición".

O acto de Pontedeume do 8 de agosto de 1891 contou ademais de coa intervención de Galo Salinas, cun recital de poesía galega, cunha velada e coa interpretación por parte dun orfeón dun himno galego con letra do propio Galo Salinas. A prensa da época deu conta en diversas pezas do acontecido nesa xornada. Así, o Diario de Avisos da Coruña sinalou que "o acto resultou brillante", mentres que El Obrero de Pontevedra dicía que "como galegos entusiastas que somos por todo o que tende a enaltecer o bo nome da Galiza". miniatura|400px|O discurso íntegro no Diario de Avisos da Coruña. O discurso de Galo Salinas quedou para a posteridade grazas á súa publicación no Diario de Avisos da Coruña do 23 de agosto de 1891. Velaí un resumo:

A conmemoración miniatura|Salinas tiña 39 anos de idade cando pronunciou o discurso. O 31 de agosto de 2025, organizado polo Ateneo Eumés Fernán Martís, tivo lugar en Pontedeume un acto conmemorativo do discurso. Dito acto, conducido por Quico Cadaval, contou coas intervencións de: Margarita Ledo, escritora e cineasta. Ana Belén Manteiga, cantora lírica eumesa, que interpretou o lied ‘’Meus amores’’ de Golpe e Baldomir, acompañada ao piano por José de Paz. Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega. Banda da Escola de música Charamela.

A propósito do discurso, que foi comentado, debullado e retorneado por Quico Cadaval, os organizadores publicaron un folleto no que se enxalza o discurso, a vida e a obra de Galo Salinas. Reprodúcense a continuación algúns dos seus parágrafos:

Notas

Categoría:Discursos en lingua galega Categoría:Rexurdimento Categoría:Pontedeume Categoría:1891 en Galicia