A fraga das Landas ou fraga das Landas de Gascoña é un gran bosque francés situado en Nova Aquitania, nos departamentos de Landas, Xironda e Lot e Garona. Limita ao oeste co océano Atlántico (a costa da prata), formando un triángulo con vértices no cabo de Grave ao norte, a vila-balneario de Soorts-Hossegor ao sur e a vila de Nérac ao leste.

Trátase da fraga artificial máis grande do oeste de Europa, cunha superficie de 13.000 km2. Foi creada no século XIX sobre terreos areosos e pouco fértiles. Na actualidade, é na súa meirande parte un monocultivo de piñeiro marítimo.

De propiedade principalmente privada, conta con certas zonas de terreo estatal situadas preto do litoral atlántico.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Bosques de Europa