César Lusiardo, coñecido como Tito Lusiardo, nado en Ferrol o 13 de setembro de 1896, e finado en Buenos Aires, Arxentina, o 25 de xuño de 1982, foi un actor de radio, teatro, cinema e televisión arxentino de orixe galega. Tivo unha prolongada actividade artística, foi moi amigo de Carlos Gardel, era un excelente bailarín de tango e estaba considerado como un prototipo do porteño tanguero.

Traxectoria O seu pai foi Francisco Lusiardo, oriúndo do Uruguai, quen era dono dunha fábrica de toldos e a súa nai Elvira Amoedo, era galega. Dende moi pequeno viviu cos seus pais nun casarón da rúa Venezuela 300 no barrio porteño de Monserrat. Foi o máis vello de seis irmáns: César, Hortensia (Titina, que faleceu sendo nena), Esther, Angélica, Mario e Francisco (Alejandro), e estudou no colexio de San Ignacio.

Comezos no teatro Ingresou a traballar no Teatro Nacional como utilero, ou sexa que o seu labor consistía en mover e acomodar todos os obxectos da actividade teatral dentro e fóra do escenario pero xa en 1918 actuou na obra El cabaret, de Carlos Mauricio Pacheco, suplindo a un bailarín ausente, bailando un tango xunto a Concepción Sánchez para o que usou o esmoquin que lle prestou o actor Luis Vittone. Seguiu cun papel en Tu cuna fue un conventillo, de Alberto Vaccarezza, estreada no mesmo teatro o 21 de maio de 1920, en cuxo terceiro acto recitaba un poema.

A partir de alí actuou en moitas obras. No teatro Nacional traballou en Mateo de Armando Discépolo estreada o 14 de marzo de 1923 pola compañía de Pascual Carcavallo no papel de Narigueta.Pellettieri, Osvaldo: Historia del teatro argentino en Buenos Aires. Vol. II páx. 487 Buenos Aires, 2002 Ed. Galerna ISBN 950-556-437-6 Tamén trabalolu noutras pezas, tales como Al tango hay que saberlo bailar, Mujercitas de lujo, xunto ás grandes compañías da época, como a que encabezaban Enrique Muiño e Elías Alippi; tamén tería unha presenza permanente nos teatros de revistas.

En 1933, Lusiardo foi convocado para cubrir como actor e bailarín algúns papeis na obra De Gabino a Gardel (Crónica cómica de la canción nacional a través de los años), de Ivo Pelay, estreada o 23 de marzo.

Dende entón estivo sempre presente no teatro, e como actor e bailarín de tangos, tivo por parellas de baile a Tita Merello, Olinda Bozán e Beba Bidart.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Centro de Estudios Gardelianos. : "Tito Lusiardo" y "La partida de nacimiento de Tito Lusiardo", de Eduardo visconti

Categoría:Nados en 1896 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Finados en 1892 Categoría:Actores de televisión da Arxentina Categoría:Actores de teatro da Arxentina Categoría:Actores de cinema da Arxentina