miniatura|Placa do INV no barrio madrileño de Canillejas O Instituto Nacional de la Vivienda (INV) foi un organismo español creado durante a ditadura franquista o 19 de abril de 1939 e suprimido en 1980 co obxectivo de fomentar a vivenda e asegurar o uso da mesma. Durante a súa existencia construíronse millóns de vivendas protexidas.

Durante a súa existencia pasou por diferentes ministerios, como o Ministerio de Acción e Organización Sindical ou o de Traballo. Na década de 1950 pasou a pertencer ao novo Ministerio de Vivenda.

O instituto, sempre baixo a tutela do Ministerio de Mariña e Defensa, foi instrumentalizado polo réxime para, mediante as vivendas adxudicadas, encher zonas conflitivas con policías e militares.

Historia miniatura|Placa nun edificio de Santiago de Compostela construído pola Delegación Nacional de Sindicatos en 1955 O INV, creado por Pedro González-Bueno y Bocos no seo do Ministerio de Acción e Organización Sindical, tiña unha personalidade xurídica propia e autónoma para administrar o seu patrimonio. Anos máis tarde pasou a pertencer á Organización Sindical, despois ao Ministerio de Traballo e por último ao Ministerio de Vivenda cando se creou en 1957.

Nos seus primeiros anos de existencia estivo baixo a dirección do pamplonés Federico Mayo Gayarre, enxeñeiro de minas nomeado capitán de Enxeñeiros durante a guerra civil. Ocupou o cargo de director xeral do INV até a súa morte en 1954.

Algunhas das tarefas máis importantes que realizaba eran:

Impor sancións. Ditar ordenanzas de construcións protexidas e aprobar e cualificar os seus proxectos de construción. Vixiar o uso e bo aproveitamento das vivendas. Inspeccionar os proxectos aprobados.

Notas

Categoría:Franquismo Categoría:Organismos públicos de España