El profesor Cojonciano é unha serie de cómic protagonizada polo personaxe homónimo e creada por Óscar Nebreda para El Jueves en 1977. Foi publicada sen interrupción até 2010, sendo unha dos personaxes máis duradeiros da revista.
Argumento Apareceu en plena Transición española, un contexto propicio para desmantelar os tabús sexuais. Nos seus inicios, o seu protagonista levaba un consultorio sexual desde o que informaba sobre temas diversos. Co paso do tempo, variaron os temas e converteuse nun sociólogo da vida diaria. Cada semana trataba en clave de humor unha noticia de actualidade, burlándose das modas e do concepto de progreso.
O profesor Cojonciano sempre mantivo o mesmo aspecto: un home calvo, barbudo e con lentes.
Traxectoria editorial Ademais da súa publicación seriada, a historieta tivo diversas recompilacións. Cando a Editorial Formentera publicaba El Jueves, saíron dous monográficos como parte da colección El Jueves - Suplemento mensual. Trátase de Consultorio Sexual del Profesor Cojonciano (1979) e Profesor Cojonciano (2as Partes) (1980).
Desde a creación de Ediciones El Jueves en 1982 e da súa colección Pendones del Humor, editáronse os seguintes álbums:
3. Cómo ligar 11. ¡Ajo, mi nene! 17. Ice cream 23. Litronas 35. Mucho morro 47. ¡Qué heavy! 59. ¡Música, maestro! 71. ¡Qué punto! 83. Metiendo bulla 95. ¡Ponme crema! 107. ¡Chicha! 118. ¡Chinchín! 129. ¡Dame algo! 136. ¡Cómo me pones! 143. Fulltontis 147. Vamos a darnos un homenaje E na súa sucesora Nuevos Pendones del Humor: 5. ¡Está que te cagas! 19. Es lo único que sabes hacer bien: fumar 31. Te lo juro por la cobertura de mi móvil 51. El código cojonci. Pendones del Humor, El Coleccionauta.
Valoración O crítico Manuel Darias incluíuna na súa lista de obras mestras da banda deseñada española na súa vertente cómica.
Bibliografía
Referencias
Categoría:Banda deseñada Categoría:Humor