Asclepíades (en grego antigo Ἀσκληπιάδης) foi un relixioso exipcio que, segundo a Suídas, posuía un profundo coñecemento da teoloxía exipcia e escribiu algúns himnos sobre os deuses nativos.

Tamén escribiu outros libros: un sobre o entendemento entre as relixións, que Suetonio chama Θεολογούμενα e cita un fragmento del. Outro sobre a historia de Exipto, que menciona Ateneo de Naucratis, e un terceiro sobre Oxixes. Suetonio chámao Asclepíades Mendes, o que indicaría que naceu en Mendes de Exipto7.Asclepiades en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 381..

Notas

categoría:relixión exipcia Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Escritores en lingua grega antiga