Aveiro é unha cidade portuguesa, capital do distrito de Aveiro, na rexión Centro e subrexión do Baixo Vouga, situada a cerca de 58 km ao norte de Coímbra. A cidade sitúase na desembocadura do río Vouga, que formará pouco despois a ría de Aveiro.
É sede dun concello con 199,58 km² de área, subdividido en 10 freguesías e ten 78 450 habitantes segundo o censo de 2011; dos cales 37 120 son homes e 41 330 son mulleres. O municipio limita polo norte co concello de Murtosa, ao nordeste co de Albergaria-a-Velha, ao leste con Águeda, ao sur con Oliveira do Bairro, ao sueste con Vagos e con Ílhavo, e cunha faixa relativamente estreita de litoral no océano Atlántico, polo oeste.
É un municipio territorialmente descontinuo, visto que comprende algunhas illas na Ría de Aveiro, e unha porción da península costeira con case 25 km de extensión que pecha a ría polo Occidente.
Poboación Número de habitantes18641878189019001911192019301940195019601970198119912001201119 29620 33222 71924 91927 80227 52131 64435 30340 18746 05549 80860 28466 44473 33578 450 No censo de 1864, a freguesía de Nariz, formaba parte do concello de Oliveira do Bairro; pasou a se incorporar ao de Aveiro por mor do decreto de 04/12/1872 Por mor do decreto de 13/01/1898 a freguesia de Ílhavo, que formaba parte do de Aveiro, pasou a crear o novo concello de Ílhavo.
Freguesías do concello miniatura|Mapa das freguesías de Aveiro. O concello de Aveiro consta de 10 freguesías: Aradas Cacia Eixo e Eirol Esgueira Glória e Vera Cruz (esta última é a área orixinal da cidade) Oliveirinha Requeixo, Nossa Senhora de Fátima e Nariz Santa Joana São Bernardo São Jacinto
Galería
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Rede de Museos da Cidade de Aveiro-Museo da Cidade Sitio oficial do Concello -Cámara Municipal- de Aveiro
Aveiro Categoría:Concellos do distrito de Aveiro