O distrito de Braga é un distrito portugués, pertencente á provincia tradicional do Miño. Limita ao norte co distrito de Viana do Castelo e con Galiza, ao leste co distrito de Vila Real, ao sur co distrito do Porto e ao oeste co océano Atlántico. Ten unha área de 2.673 km² (15º maior distrito portugués). Poboación residente (2001): 831.368. Capital do distrito: Braga.

Subdivisións O distrito de Braga subdívidese nos seguintes 14 concellos: Amares Barcelos Braga Cabeceiras de Basto Celorico de Basto Esposende Fafe Guimarães Póvoa de Lanhoso Terras de Bouro Vieira do Minho Vila Nova de Famalicão Vila Verde Vizela

Na actual división principal do país, o distrito encóntrase integrado na Rexión Norte.