Vassar College é unha universidade privada, situada no estado de Nova York, nos Estados Unidos. Foi fundada polo cervexeiro Matthew Vassar en 1861 como unha universidade só para mulleres.

Foi a primeira institución que formou parte das Sete Escolas Irmás (Seven Sisters), unha asociación de universidades estadounidenses para mulleres, equivalente á Ivy League para homes. En 1969 pasou a ser unha universidade mixta, pero, a pesar diso, aínda retén o seu status como membro das Sete Escolas Irmás.

Esta universidades ao igual que outras das Seven Sisters acolleron ao exilio republicano e nela ensinaron Pilar de Madariaga e a musicóloga Sofía Novoa.

Notas

Categoría:Vassar College Categoría:Universidades dos Estados Unidos de América