A palleira de MacCormick (Stercorarius maccormicki) é unha grande ave mariña da familia Stercorariidae. O seu nome común e científico fai referencia ao explorador e "cirurxián" naval Robert McCormick, quen recolleu o primeiro espécime tipo. Esta especie e outras grandes palleiras, como a palleira grande, son ás veces situadas no xénero Catharacta.
Descrición A palleira de MacCormick é unha grande ave (se ben é relativamene pequena se a comparamos con outras palleiras que ás veces foron situadas no xénero Catharacta) que mide arredor de 53 cm de lonxitude. Os adultos son marróns agrisados pola parte superior e teñen unha cabeza e partes inferiores que poden ser abrancazadas (no morfo polar) ou de cor marrón palla (no morfo intermedio), e o contraste entre a cabeza e o corpo fai que sexa doada de distinguir de especies similares se se pode ollar en boas condicións. Os morfos escuros dos individuos novos e adultos son máis difíciles de distinguir dos seus parentes, e deben usarse criterios máis subxectivos ou difíciles de observar como a plumaxe marrón de tons máis fríos e a base do bico azul.
Identificación Distínguese case inmediatamente das especies do hemisferio norte palleira parasita, palleira pomarina e palleira rabilonga. O seu gran tamaño, peito forte e groso masivo, e as partes brancas das ás desta ave fana moi distinguible mesmo a bastante distancia. O seu voo é directo e poderoso. A identificación desta palleira é máis complicada cando cómpre distinguila da especie estreitamente emparentada palleira grande do Atlántico norte, e outras palleiras grandes do hemisferio sur. Os problemas de identificación explican que sexan problemáticas as afirmacións de que calquera das palleiras do hemisferio sur se albiscou no leste do Atlántico norte, e aceptáronse poucos rexistros de palleira de MacCormick en Europa occidental. Problemas similares ocorren tamén en avistamentos moi fóra dos seus límites da palleira grande.
Distribución e hábitat Reprodúcese nas costas antárticas, normalmente poñendo dous ovos en novembro e decembro. É unha ave migradora que pasa o inverno no mar nos océanos Pacífico, Índico e Atlántico. No leste do Atlántico norte é substituída pola especie moi emparentada palleira grande (S. skua). As palleiras de MacCormick foron vistas mesmo no polo Sur xeográfico exacto. Megalestris Hill, na illa Petermann no arquipélago Wilhelm da Antártida, recibe o seu nome por un antigo e obsoleto nome xenérico da palleira de MacCormick."Megalestris Hill". Geographic Names Information System. United States Geological Survey, United States Department of the Interior. Consultado o 2013-09-12.
Alimentación Come principalmente peixes, que a miúdo obtén roubándolles a súa captura a outras aves como gaivotas, carráns e mesmo mascatos. Tamén come outras aves, coellos e prea. Igual que moitas outras especies de palleiras, realiza este comportamento pirata todo o ano, mostrando menos habilidade e usando máis forza bruta que outras palleiras máis pequenas cando acosa a súa vítima.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía "National Geographic" Field Guide to the Birds of North America Seabirds by Peter Harrison,
Udayakumara, A. A. D. A., D. M. S. S. Karunarathna, A. A. T. Amarasinghe and E. M. K. B Ekanayake (2007). First confirmed record of South Polar Skua Catharacta maccormicki Saunders, 1893 (Aves: Stercorariidae) from Western Province, Sri Lanka. Birding Asia, 8: 83–84.
Ligazóns externas Imaxes e información das aves antárticas Palleira de McCormick (Catharacta maccormicki) - vídeos e fotos en The Internet Bird Collection
Categoría:Estercoráridos Categoría:Animais descritos en 1893