As Casas da Mariña de Santa Icía (tamén coñecido simplemente como As Casas da Mariña) é un lugar da parroquia de Santa Icía de Xuvia, do concello de Narón na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2009 (último ano no que se ofrecen datos) tiña 1679 habitantes, 823 homes e 856 mulleres.

Toponimia A barriada creouse na década de 1960 para acoller familias dos traballadores da Armada Española en Ferrol. Está situado ao lado das Casas da Mariña, da parroquia de Narón, separados pola liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón.

Servizos CEIP Virxe do Mar, aberto no curso 1967-68. Estación de Virxe do Mar, da liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón.

Notas

Lugares e parroquias

Lugares de Santa Icía de Xuvia

Parroquias de Narón

Categoría:Lugares de Narón

Categoría:Lugares divididos entre dúas parroquias