A cerceta colorada (Spatula cyanoptera) é unha especie de pato que vive no oeste de América do Norte e en América do Sur. É unha pequena cerceta con plumaxe avermellada intensa no macho e marrón máis apagada na femia. Vive en marismas e lagoas, e aliméntase principalmente de plantas.

Descrición O macho adulto ten un corpo e cabeza de cor vermella canela cun dorso marrón, ollos vermellos e bico escuro. A femia adulta ten un corpo marrón pinto, cabeza marrón clara, ollos marróns e bico gris e ten un aspecto moi similar á femia da cerceta de ás azuis; porén, a súa cor é máis intensa, os loros, liña ocular e anel ocular son menos distintivos. O seu bico é máis longo e máis espatulado. Os machos xoves lembran unha femia da súa propia especie ou de cerceta de ás azuis, mais os ollos son vermellos.Dunn, J (2006) Miden 41 cm de longo, teñen unha envergadura de 56 cm e un peso de 400 g.Floyd T (2008) Realizan dúas mudas adultas por ano e unha terceira muda no seu primeiro ano.

Distribución

O seu hábitat de reprodución son marismas e lagoas do oeste dos Estados Unidos e extremo suroeste do Canadá, e son visitantes raros da costa leste dos Estados Unidos. Observouse un macho xove en Grimsby, Ontario, e converteuse nunha atracción turística debido á súa rareza lonxe do oeste do Canadá. Xeralmente selecciona unha nova parella cada ano. Son migratorias e a maioría pasan o inverno no norte de América do Sur e no Caribe,Herrera et al. (2006) e xeralmente non migran tan lonxe como o fai a cerceta de ás azuis. Algúns invernan en California e suroeste de Arizona. Dúas subespecies de cerceta colorada viven como residentes nos Andes en América do Sur. A subespecie de menor tamaño das dúas, S. c. cyanoptera, está moi espallada en alturas baixas (<1000m) como as costas do Perú e sur da Arxentina, mentres que a subespecie meirande, S. c. orinomus, ocupa alturas de 3500–4600 m nos Andes centrais.

Comportamento É unha ave acuática, pero pode tamén correr e camiñar en terra para capturar certas presas como pequenos escaravellos e outros insectos. Conseguen a maioría da súa comida en ou preto da superficie da auga abrindo e pechando rapidamente o bico para colleren sementes, zooplancto e insectos. Pode tamén alimentarse como culleretes boreais indo uns detrás dos outros en grupos mentres se alimentan devagar nunha área. Moitos deles comen plantas, sementes e brotes de herbas de marisma. Unha pequena porción da súa dieta son caracois, escaravellos, libélulas, pulgas de auga e moitos tipos de moscas. Comen principalmente plantas; a súa dieta tamén inclúe moluscos e insectos acuáticos. Cando non están buscando alimento na auga ou en terra, dormen. As femias dormen xuntas en grupo, mentres que os machos permanecen espertos e alerta para protexeren as femias. Aínda que os patos adoitan facer un son alto tipo cuac, a cerceta colorada é máis silenciosa. As femias fan un cuac alto cando é necesario e os machos fan unha canción nasal asubiante.

Taxonomía Sábese que hibridan coa cerceta de ás azuis, das cales son parentes moi próximos.

As subespecies que se recoñecen son:

Spatula cyanoptera septentrionalium (Oberholser, 1906), que se reproduce desde a Columbia Británica ao noroeste de Novo México, e pasa o inverno no noroeste de América do Sur.Clements, J (2007) Spatula cyanoptera tropica (Snyder & Lumsden, 1951), que vive nos vales do Cauca e do Magdalena en Colombia. Spatula cyanoptera borreroi (Snyder & Lumsden, 1951) (posiblemente extinta), que vive ou vivía no leste dos Andes colombianos, con rexistros de aves aparentemente residentes no norte do Ecuador. Denomínase así polo ornitólogo colombiano José Ignacio Borrero. Spatula cyanoptera orinoma (Snyder & Lumsden, 1951), que aparece no altiplano andino do Perú, norte de Chile e Bolivia. Spatula cyanoptera cyanoptera (Vieillot, 1816), aparece no sur do Perú, sur do Brasil, a Arxentina, Chile e as illas Malvinas (Falkland).

Notas

Véxase tamén Bibliografía Clements, James (2007). The Clements Checklist of the Birds of the World. (en inglés) Ithaca, NY: Cornell University Press Dunn, J. & Alderfer, J. (2006) National Geographic Field Guide to the Birds of North America 5ª ed. (en inglés) Floyd, T (2008) Smithsonian Field Guide to the Birds of North America (en inglés). Nova York: HarperCollins. Herrera, Néstor; Rivera, Roberto; Ibarra Portillo, Ricardo & Rodríguez, Wilfredo (2006). "Nuevos registros para la avifauna de El Salvador" (en castelán). Boletín de la Sociedad Antioqueña de Ornitología 16(2): 1–19.

Ligazóns externas

Cerceta colorada (cinnamon teal)—Birds of North America Online Texto sobre a especie cerceta colorada—Cornell Lab of Ornithology

Categoría:Animais descritos en 1816 Categoría:Aves de América do Norte Categoría:Aves de América do Sur Categoría:Anátidos