O Nokian Pyry é un equipo masculino de hóckey sobre xeo da cidade de Nokia, Finlandia. Dende a tempada 2025-26 compite na segunda categoría do hóckey sobre xeo masculino finlandés, a Mestis. Xoga os seus partidos como local no Nokian jäähalli, un pavillón con capacidade para 1 000 persoas.
O equipo forma parte do club polideportivo do mesmo nome fundado en 1905.
Historia En 1952 o Nokian Pyry xogou o seu primeiro partido de hóckey sobre xeo, que acabou desaparecendo da oferta deportiva do club durante varias décadas ata que se retomou a súa práctica na década de 1980.
Pavillón
miniatura|O exterior do Nokian jäähalli en 2013. O Nokian Pyry xoga os seus partidos como local no Nokian jäähalli, coñecido por motivos de patrocinio como Kattokeskus Areena, un pavillón construído en 1996 e con capacidade para 1 000 persoas.
Xogadores Números retirados Dende a súa fundación o Pyry retirou os seguintes catro números en honor a outros tantos xogadores:
Números retirados do Pyry NºXogador 10 Topi Salmela 13 Pekka Palonen 19 Teemu Lehtonen 41 Juha Korkeamäki
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Finlandia Categoría:Nokia