Brais Lorenzo Couto, nado en Ourense en 1986, é un fotoxornalista galego.

Traxectoria Compaxina o fotoperiodismo con traballos documentais. É colaborador habitual de medios como a Axencia EFE e medios de comunicación como elDiario.es, El País, Luzes ou RTVE ademais de realizar diversos traballos institucionais e comerciais. Colabora co proxecto Habitar o baleiro, iniciativa que busca "documentar as tensións que vive un rural que esmorece entre o depoboamento, a crise ecolóxica e un abandono que condena as formas de vida tradicionais".

Recoñecementos Premio Ortega y Gasset de Fotografía, coa imaxe titulada Cumpleaños.

Premio Luis Ksado de creación fotográfica en 2022 pola colección Lume, na que aborda a traxedia dos incendios forestais e as consecuencias do cambio climático.

Premio World Press Photo na categoría de Reportaxe Gráfica-Europa en 2025 por Terra queimada, reportaxe sobre a Vaga de incendios forestais de 2025 en Galicia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Brais Lorenzo fotógrafo de incendios. Vídeo de RTVE

Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1986 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes