Leopoldo Garrido Leirós, nado en Santiago de Compostela cara a 1905, foi un obreiro e político galego.
Traxectoria Xornaleiro con veciñanza en Redondela. Foi peón camiñeiro da Deputación de Pontevedra. Procesado en Redondela por lesións xunto con Ángel Durán Velasco, foi condenado pola Audiencia de Pontevedra a dous meses e un día de arresto en abril de 1935.La Voz de Galicia, 4-4-1935,p. 8. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo na causa 7597/36 por auxilio á rebelión o 16 de decembro xunto con José Pereira Míguez, Gustavo Otero Sestelo, Manuel Loureiro Pérez, Jesús Olimpio Giráldez Fernández, Francisco Darriba Pérez, Pompeyo Blanco Villar, Manuel Bouzas Puerta, Constante Carballido, Manuel Álvarez Castro, Manuel Martínez Barreiro, Manuel Rodríguez Magariños, Jesús Gómez Casal, Manuel Blanco Camiña e Manuel Barros Montero, foi condenado a 20 anos de prisión e multa mancomunada de 2 millóns de pesetas. Ingresou no Forte de San Cristovo (Pamplona) o 22 de febreiro de 1937, onde permaneceu ata o 16 de setembro de 1938, cando o trasladaron á Colonia Penitenciaria da illa de San Simón. En maio de 1937 foi dado de baixa no servizo como peón camiñeiro pola Deputación de Pontevedra.El Pueblo Gallego, 20-5-1937, p. 4. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.BOE, 22-1-1944, p. 402-403.
Formou parte do comité comarcal de Redondela do PCE a principios dos anos corenta. Detido a principios de 1945, procesado na causa 94/45 acusado de pertencer á Unión Nacional xunto a Jesús Balboa López, Manuel Montero Malvar, Jesús Pérez Bustos, Mariano Otero Castelao, Manuel Álvarez, Cándido Comesaña Fernández, Leandro Aroca González, Xosé Velo Mosquera, Avelino Álvarez Meana, Francisco Rey Drox, Eduardo Malvido Rúa, Antonio Soto Magariños, Luis Alonso Freijanes, Ernesto Doural Campos, Saturnino Rodríguez Fernández, Aníbal González Fernández e Rosa González Cabo. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Pontevedra, de onde saíu en liberdade provisional en febreiro de 1950.BOE, 7-4-1950, p. 1496.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Políticos do PCE Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en ano descoñecido