miniatura|Ovos de Emberiza caesia - MHNT miniatura|Macho. O escribidor de capuz (Emberiza caesia) é unha ave paseriforme da familia Emberizidae, un grupo separado actualmente pola maioría dos autores modernos dos Fringillidae.
Etimoloxía e taxonomía Foi descrita polo médico e científico alemán Philipp Jakob Cretzschmar, que fundou o Museo de Historia Natural de Senckenberg. O nome do xénero Emberiza vén da palabra do antigo alemán Embritz, un escribidor. O termo específico caesias vén do latín caesius, "gris azulado".
É unha especie monotípica, sen subespecies.
Descrición
O escribidor de capuz habita a zona de Grecia, Turquía, Chipre e os países costeiros da marxe oriental do Mediterráneo. É unha ave migratoria que pasa os invernos en Sudán. Moi raramente pode migrar cara a Europa occidental.
Para nidificar elixen zonas de outeiros moi solleiros, con arbustos, situados en illas ou preto das costas. Reprodúcese a menores alturas que o escribidor das hortas, unha ave relacionada que habita nos mesmos sitios. Pon entre catro e seis ovos por posta, nun niño colocado no chan. A súa alimentación natural consiste en insectos cando son crías ou principalmente en sementes cando son adultos.
Esta especie é de tamaño menor que o escribidor das hortas. O macho reprodutor ten a cabeza cincenta con marcas alaranxadas sobre o bico. A parte superior do seu corpo é marrón e a manchas, agás o sobrecú, e a parte inferior é maiormente laranxa. O bico é de cor rosa.
As femias e as crías teñen un padrón de cores máis débil na cabeza, e parécense máis aos escribidores da horta. Poden distinguirse polos sobrecús marrón escuros e polo anel branco que rodea os ollos.
Conservación Na Lista Vermella da IUCN esta especie está clasificada como en "preocupación menor" debido á súa ampla área de distribución e gran tamaño de poboación. Aínda que a tendencia da poboación é incerta, non hai probas de que estea sufrindo un rápido declive que cause unha maior preocupación en canto a súa conservación.
Europa alberga unha poboación estimada de 230.000-451.000 individuos maduros, que supoñen o 85 % dos que hai globalmente. Isto indica unha poboación mundial preliminar de 271.000-531.000 individuos maduros, aínda que se necesita afinar as estimacións.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Escribidor de capuz de Turquía Fotografías de Oiseaux
Categoría:Emberícidos Categoría:Aves de Europa Categoría:Aves de África Categoría:Animais descritos en 1827