O tántalo africano (Mycteria ibis) é unha grande especie de ave cicónida africana. Está espallado pola África subsahariana e tamén vive en Madagascar.

Taxonomía e evolución O tántalo africano está clasificado no xénero Mycteria xunto con outras tres especies existentes: M. americana, M. cinerea e M. leucocephala.PetersKahl, Ibis As especies de Mycteria presentan grandes homoloxías de comportamento (por exemplo, na alimentación e o cortexo) e en morfoloxía, con relativamente poucas variacións entre as especies.

Descrición

miniatura|esquerda|En plumaxe reprodutora de rechamantes cores, Zambia miniatura|esquerda|Adulto en voo, Zambia miniatura|Exemplar xove en voo, Zambia Este cicónido de mediano tamaño ten 90–105 cm de altura.Hancock, et al. O seu corpo é branco cunha curta cola negra que ten brillos verdes e púrpuras cando o animal acaba de mudar. O bico é amarelo intenso, lixeiramente curvado na punta, e cunha sección transversal máis arredondada que noutras especies de cicónidos doutros xéneros. As plumas esténdense pola cabeza e pescozo xusto ata detrás dos ollos, quedando a face e a fronte cubertas por unha pel vermella intensa. Ambos os sexos teñen aspecto similar, mais o macho é meirande e ten un bico lixeiramente máis longo e pesado. Os machos e femias pesan aproximadamente 2,3 kg e 1,9 kg, respectivamente.Sinclair, et al.

A coloración faise máis viva durante a estación reprodutora, período no que a plumaxe é de cor rosa na parte superior das ás e no dorso; as patas normalmente marróns cambian a rosa forte; o bico faise amarelo máis intenso e a face vermella máis intensa.

Os individuos xoves son marróns cincentos cunha cara de cor laranxa apagada parcialmente espida e un bico amarelado apagado. As patas e pés son marróns e as plumas do corpo son marróns anegradas. Cando empluman, empeza a desenvolverse a coloración rosa salmón na parte inferior das ás, e despois de que teñen un ano, a plumaxe é branca cincenta. As plumas de voo da cola e ás tamén se fan negras. Posterioremente, aparece a coloración tipicamente rosa do adulto.

Teñen un camiñar de axexo con pasos rápidos sobre o fondo de augas pouco profundas, con velocidades de 70 pasos por minuto. Voan alternando batidos das ás e planando, cunha velocidade media de batidos alares de 177–205 batidos por minuto. Xeralmente voan batendo as ás para facer curtas viaxes e adoitan voar pairando remontándose e dslizándose durante varios quilómetros para moverse entre colonias reprodutoras ou pousadeiros e sitios de alimentación. Ao remontárense nas térmicas e deslizárense despois, poden cubrir grandes distancias sen gastaren moita enerxía. Este cicónido, ao descender desde grandes altitudes, observouse voando en picado a altas velocidades e xirando continuamente dun lado a outro, dando así a impresión de estar facendo un voo acrobático. Mesmo parecen gozar con estas exhibicións aéreas.

Esta especie é xeralmente silenciosa, pero pode emitir chíos asubiantes en falsete durante as exhibicións sociais na época reprodutora. Tamén realizan sons repenicantes co bico batendo as mandíbulas rápido e un audible batido das ás cuxo son lembra algo a un “ladrido” nas colonias reprodutoras. As crías no niño fan unha chamada alta continua e monótona "bradando" para pediren aos pais adultos comida.

Distribución e hábitat miniatura|Bandada nunha zona húmida estacional en Zambia

Vive principalmente en África oriental,Kasoma and Pomeroy pero está amplamente distribuído en áreas que se estenden desde Senegal e Somalia e ao sur ata Suráfrica e nalgunhas rexións do oeste de Madagascar.Rand Durante unha observación dunha colonia de aves de especies mixtas no río Tana en Kenya, esta era a especie máis común, con 2.000 individuos nunha contaxe. Tamén é a especie dominante en colonias reprodutoras grandes do lago Manyara e nas zonas húmidas de Ihefu nas ribeiras do río Ripera en Tanzania.

A especie xeralmente non migra lonxe, polo menos non fóra da súa área reprodutora; pero adoita facer curtos movementos migratorios que están influenciados polas precipitacións de chuvia. Fai movementos locais en Kenya e tamén migra do norte ao sur do Sudán pola estación de chuvias. Tamén pode migrar regularmente a ou desde Suráfrica. Porén, sábese pouso sobre os movementos migratorios xerais desta ave. Debido aparentemente á variación dos padróns migratorios observados en África, a especie foi denominada nómade facultativa. Pode migrar simplemente para evitar áreas onde as condicións pluviométricas ou da auga son desfavorables para alimentarse das súas presas. Algunhas poboacións migran a distancias considerables entre os sitios de alimentación ou reprodución; usualmente utilizando as térmicas para a remontada e despois deslizándose. Outras pobaocións locais son sedentarias e permanecen nos seus respectivos hábitats todo o ano.

Entre os seus hábitats preferidos están as zonas húmidas, lagos pouco fondos e chairas de lama, xeralmente de 10–40 cm de profundidade, pero normalmente evita as rexións moi boscosas de África central. Tamén evita as rexións asolagadas e corpos de auga expansivos profundos porque as condicións para a súa alimentación alí son pouco axeitadas para a súa técnica típica de alimentación de tentear na auga e axitar.

Reprodúcese principalmente en Kenya e Tanzania. Aínda que se sabe que se reproduce en Uganda, os seus sitios de reprodución non foron rexistrados. Reprodúcese en Malakol en Sudán e a miúdo dentro de cidades amuralladas de África Occidental desde Gambia cara ao sur ata o norte de Nixeria.Bannerman Outros sitios de reprodución son Zululandia en SuráfricaClancey e o norte de Botsuana,Fraser pero son máis raros máis ao sur en Botswana e Zimbabwe onde hai sitios que teñen abundante auga. Aínda que non hai probas directas da súa reprodución actual en Madagascar, observáronse exemplares xoves incapaces de voar preto do lago Kinkony en outubro.Langrand

Comportamento e ecoloxía Alimentación A dieta deste tántalo consta de pequenos peixes de auga doce dunha lonxitude de 60-100 mm e como máximo de 150 g,Bell-Cross os cales tragan enteiros. Tamén come crustáceos, vermes, insectos acuáticos, ras e de cando en vez mamíferos pequenos e aves.

Esta especie parece confiar principalmeente no sentido do tacto para detectar e capturar presas, en lugar de utilizar a vista. Aliméntanse pacientemente vadeando pola auga cos bicos parcialmente abertos, sondando na busca de presas a intervalos. O contacto do bico con algunha presa causa un rápido reflexo de pechar o bico, e seguidamente levantan a cabeza e tragan a presa enteira. A velocidade deste reflexo na especie moi emparentada Mycteria americana rexistrouse en 25 milisegundosKahl and Peacock e aínda que o corespondente reflexo no tántalo africano non se mediu cuantitativamente, o seu mecanismo de alimentación parece ser polo menos cualitativamente idéntico ao da especie americana.

Ademais do reflexo de peche do bico, o tántalo africano tamén usa unha técnica sistemática de axitar o pé para tentear presas evasivas. Pica e revolve o fondo da auga como parte da súa técnica para forzar as presas a saíren da vexetación do fondo e no bico da ave. A ave fai isto vsrias veces cun pé antes de botalo para diante e repetir co outro pé. Aínda que son predadores normalmente activos, tamén se observaron recollendo peixes regurxitados por corvos mariños.

Observouse seguindo os crocodilos en movemento ou os hipopótamos pola auga e alimentándose detrás deles, aparentemente aproveitándose dos organismos que saen ao seu paso.Pooley Esta forma de alimentación dura só un curto tempo antes de que a ave obteña o que necesita e volva decansar outra vez.

Os pais alimentan as crías regurxitando peixes no fondo do niño, onde os collen e comen os polos. As crías comen vorazmente e incrementan o seu peso corporal de 50 a 600 g durante os primeiros dez días de vida.

Reprodución

A reprodución é estacional e parece ser estimulada polo pico de fortes precipitacións continuadasBrown and Britton e os asolagamentos resultantes das marismas pouco profundas, xeralmente preto do lago Victoria. Estas inundacións están ligadas a un incremento na dispoñibilidade dos peixes que son as súas presas; e a reprodución está, pois, sincronizada con este pico na dispoñoibilidade de alimentos. Para explicar as observacións deste fenómeno preto de Kisumu, M.P. Kahl sinala que na estación seca a maioría dos peixes son forzados abandonar as marismas desecadas e desoxixenadas que non poden mantelos vivos e retíranse ás augas profundas do lago Victoria, onde os tántalos non os poden capturar.Kahl, Journal of East African Natural History Society and National Museum Porén, os peixes trasládanse río arriba cando comezan as chuvias e espállanse polas marismas para reproducírense, onde son accesibles aos tántalos. Ao nidificaren neste momento e con tal que as chuvias non acaban prematuramente, os tántalos teñen garantida abundante comida para as crías.

Pode tamén empezar a nidificar e reproducirse ao final das chuvias persistentes. Isto ocorre especialmente en marismas extensas e planas a medida que o nivel das augas decrece gradualmnte e os peixes concéntranse o suficiente como para que se alimenten os tántalos. Porén, as chuvias non estacionais inducen unha reprodución fóra de estación no norte de BotsuanaTree e oeste e leste de Kenya. As chuvias poden causar cheas locais creando as condicións óptimas para a alimentación da ave. Este tántalo parece reproducirse simplemente cando a chuvia e a inundación local son as ideais e, polo tanto, parece ser flexible no seu padrón reprodutor temporal, que varía co padrón das chuvias ao longo do continente africano.

Como fan todos os cicónidos, o macho do tántalo africano selecciona e ocupa posibles sitios de nidificación en árbores, tras o cal as femias intentarán aproximarse aos machos. Ten un repertorio amplo de comportamentos de cortexo que fan preto ou no niño que poden levar á formación de parellas e á copulación. Xeralmente, estes comportamentos de cortexo considéranse comúns a todas as especies de Mycteria e mostran unha homoloxía salientble dentro do xénero Mycteria. Despois de que o macho se estableceu inicialmente no sitio de nidificación e a femia empeza a aproximarse, el exhibe comportamentos para que ela advirta a súa presenza. Un destes é a exhibición de acicalamento, onde os machos finxen acicalar cada unha das súas ás co bico varias veces en cada lado, pero o bico en realidade non se pecha arredor das plumas. Outra exhibición observada nos machos é o "agarre de ramiñas e balanceo" (Swaying-Twig Grasping). Aquí, o macho está de pé no posible sitio de nidificación e inclínase para agarrar coidadosamente e liberar as ramiñas que hai por debaixo a intervalos regulares. Isto por veces vai acompañado de oscilacións a ambos os lados do pescozo e cabeza e el segue collendo as ramiñas entre cada un deses movementos.

Reciprocamente, as femias que se achegan exhiben os seus propios comportamentos distintivos. Un deses comportamentos é a "postura de balanceo" (Balancing Posture), Despois do cal camiña co eixe do corpo horizontal e as ás estendidas cara ao macho ocupando o sitio de nidificación. Despois, cando a femia continúa aproimándose ou xa se encontra perante un macho establecido, ela pode tamén realizar a "abertura do bico" (Gaping), no cal abre o bico lixeiramente co pescozo inclinado cara adiante nun ángulo de 45° e isto adoita ocorrer en conxunción coa "postura de balanceo". Este comportamento normalmente continúa se o macho acepta a femia e lle permite entrar no niño, pero a femia xeralmente pecha as ás nese momento. O macho pode tamén continuar coa exhibición de acicalamento mentres está perante a femia no niño.