Anno 1404 é un videoxogo de simulación económica e de construción de cidades con elementos de estratexia en tempo real, que forma parte da serie Anno. Lanzado en 2009, foi desenvolvido por Related Designs, producido por Blue Byte e publicado por Ubisoft. Anno 1404 é a secuela de Anno 1701 e séguelle a secuela futurista Anno 2070. Aínda que o xogo se centra nunha serie de acontecementos ficticios, o concepto xeral da historia baséase en aspectos da historia medieval e renacentista, como as Cruzadas, os avances na arquitectura gótica, a construción de catedrais e o comercio hanseático que inclúe o auxe dos comerciantes patricios e as primeiras formas de capitalismo.
Unha expansión, titulada Anno 1404: Venice, que engade multixogador e outras características, foi lanzada o 26 de febreiro de 2010.
O videoxogo recibiu varios premios, incluíndo un Red Dot Design Award e o German Computer Game Award.
Notas
Categoría:Videoxogos de 2009 Categoría:Videoxogos de estratexia en tempo real