A fenda de xénero na informática é a diferenza entre mulleres e homes nos traballos ou estudos relacionados coa tecnoloxía, xa que hai moitos máis homes que mulleres traballando neste campo. Esta fenda pode vir dada pola falta de representación, redución de salarios e falta de oportunidades que padecen as mulleres nos sectores informáticos.

Motivos A informática converteuse na rama da ciencia con maior fenda de xénero. Esta escaseza das mulleres en tecnoloxía é unha das principais responsables da desigualdade de acceso á formación e investigación de enxeñaría software.

Discriminación da muller Nas orixes da informática, a fenda de xénero na programación era inferior que na actualidade, sendo elas as primeiras en presentar avances no ámbito do soporte lóxico coa creación do primeiro compilador, as primeiras linguaxes de alto nivel e o primeiro procesador de texto. Nesta época o traballo software estaba infravalorado e recibían un peor salario fronte ao desenvolvemento hardware, do que se encargaban esencialmente homes. Co paso dos anos, o software foi tomando notoriedade, o que ocasionou que as empresas contratasen directivos, principalmente homes debido á desigualdade de xénero para dirixir o desenvolvemento. Ademais, comezouse a investir maior cantidade de cartos en software, o que aumentou que os homes que no seu principio desprezaran o software, quixeran entrar, substituíndo ás mulleres.

Ambiente estereotipado Un estudo da Universidade de Washington en 2015 comprobou a influencia dunha contorna estereotipada con dúas aulas decoradas de maneira diferente. Unha das aulas tiña obxectos do estereotipo do informático geek, como pezas de computador ou pósteres de Star Trek, e outra aula tiña elementos neutros como arte de natureza. O 68% das rapazas prefería a aula neutra fronte a un 48% dos rapaces. Ademais, as mozas tiñan case o triplo de probabilidades de mostrarse interesadas nas carreiras de informática se a aula non estaba estereotipada, mentres que os nenos se mostraban indiferentes á influencia da decoración da aula. Polo que se pode observar deste estudo, as nenas son máis sensibles ás influencias dos estereotipos, provocando mesmo que sentan fóra de lugar e non se animen a realizar certas actividades, ao contrario que os homes, que non teñen esa barreira ideolóxica.

Familiares A influencia das nais e os pais, así como as súas crenzas e expectativas inflúen en gran medida no interese que xeran as nenas cara aos estudos STEM. Algúns estudos suxiren que as expectativas das nais (máis que dos pais) inflúen na elección dos estudos superiores nas súas fillas. Ademais, que a figura materna teña estudos superiores científicos inflúe positivamente no rendemento matemático das súas fillas, como arroxan os datos de PISA 2015 nos países da OCDE.

Escolares A calidade dos docentes, así como as súas actitudes, crenzas e condutas exercen unha influencia significativa no rendemento dos seus estudantes. O sexo do profesorado tamén é relevante, pois unha profesora serve como modelo para as novas, derrubando así o estereotipo das habilidades innatas de cada xénero, así como nas súas aspiracións profesionais na área que imparten. A desigualdade de representación no profesorado escolar pode mandar mensaxes explícitas acerca dos roles de xénero e as súas habilidades exerce unha influencia negativa nas estudantes, que pasa por baixar a participación na aula até a perda de interese nas carreiras científicas. Así mesmo o modo de avaliación ten un nesgo que demostra un estudo de estudantes israelís, polo cal se revela que se os alumnos son cualificados de forma anónima, as nenas superan as cualificacións dos homes en exames de matemáticas de educación primaria, mentres que se dá o caso contrario cando os profesores coñecen os nomes. Tamén ocorre na Unión Europea, onde as mulleres tenden a ser cualificadas á baixa e os homes á alza. Isto levou a algúns países a ocultar o nome e o sexo á hora de cualificar os exames.

Publicidade dirixida ao público masculino Coa chegada dos primeiros ordenadores persoais a finais do século XX, as empresas dedicadas á súa distribución e venda enfocáronse no home como principal consumidor dos seus produtos, creando, durante o inicio revolución tecnolóxica, anuncios coa idea de que os computadores son para mozos. Toda esta publicidade axudouu a crear o termo geek e a súa vez a dar orixe á cibercultura na cal a muller non tiñan apenas representación, separándoas do uso de computadores.

Roles de xénero e estereotipos As novas tecnoloxías teñen vinculadas unha serie de estereotipos que poderían servir para xustificar as diferenzas que se dan entre homes e mulleres á hora de acceder e utilizar o computador, así como a escasa presenza das mulleres en ámbitos tecnolóxicos. O feito de que se produzan esas diferenzas de xénero na asignación da tecnoloxía aos homes en lugar de ás mulleres propicia que algunhas mulleres se manteñan á marxe do ámbito tecnolóxico e que, por tanto, mostren unhas actitudes negativas que non presentan os homes cara ao uso de computadores e cara a outros aspectos relacionados co ámbito da informática. Desde idades moi temperás, os nenos asocian diferentes ocupacións e profesións cos homes ou coas mulleres, de maneira que se forxan aspiracións ocupacionais de acordo ao seu xénero e nalgúns casos, negan a posibilidade de que unha persoa do sexo contrario sexa capaz de realizar ese labor. Desta maneira, as nenas non pensan nun futuro como informáticas, polo que o número de traballadoras no sector da informática decae.

Estatísticas dereita|miniatura|400x400px|Gráfico que mostra as porcentaxes de mulleres traballadoras en distintos sectores ao longo dos anos. A liña vermella representa a porcentaxe en ciencias da computación. Segundo datos de Eurostat, entre 2008 e 2015, a presenza da muller no sector TIC diminuíu ao redor de catro puntos porcentuais, tanto en Europa como en España, até situarse nun 30%. No que respecta ás profesións especializadas nestas tecnoloxías, a porcentaxe de mulleres é aínda menor e tamén decreceu recentemente: en España, as mulleres representaban en 2015 un 17% destas ocupacións, o que supón unha caída de case cinco puntos dende 2008. Na UE, a porcentaxe en 2015 foi un 16%, seis puntos inferior que en 2008. En canto á proporción de mozas que elixen carreiras tecnolóxicas (informática, enxeñaría) nos últimos tempos se estanca e mesmo se reduce en España e na UE. Só hai que ir ao ámbito das aulas españolas e observar o comportamento dos adolescentes ante a elección de optativas na ESO ou o tipo de bacharelato. En España hai un 38% de mozos que opta polos estudos STEM, fronte a un 15% de mozas.

Consecuencias A falta de participación das mozas nos estudos e profesións vinculados a ámbitos STEM ten importantes consecuencias para o deseño e a produción das innovacións científicas e tecnolóxicas, que non recollen as contribucións da metade da poboación e non responden adecuadamente ás necesidades sociais. Deste xeito, as mulleres quedan á marxe de importantes procesos de toma de decisións. Da mesma maneira, e como consecuencia a falta de achegas e referentes femininos, créase o nesgo de que as mulleres son menos válidas para o traballo e estudo de materias relacionadas coa informática, creando inseguridades ás mulleres sobre as súas habilidades como programadoras e reducindo aínda máis a súa participación nesta.

Solucións Coñecer as causas que afastan á muller do sector tecnolóxico é o primeiro paso para romper esta tendencia. A idea de que existen ámbitos e habilidades segundo o xénero apréndese maioritariamente na infancia, polo que o ámbito dos xoguetes é un bo lugar para comezar a cambiar este estereotipo. Como indica Jeffrey Trawick-Smith, do Centro de educación infantil da Eastern Connecticut State University, o que provoca que os xoguetes promovan as habilidades científicas é a simplicidade e que non teñan unha soa utilidade predefinida. Estes xoguetes, por suposto, non teñen por que estar relacionados directamente coa informática, pero si que promoven as destrezas necesarias para estes campos, como poden ser a visión espacial ou o razoamento matemático.

Igualdade de xénero nas TIC Débese incorporar ás mulleres como iguais a partir da formación primaria e secundaria tanto no alumnado coma no profesorado, para lograr un desempeño profesional nas futuras xeracións TIC.

Filosofías e horarios laborais As filosofías e formas de traballo no ambiente laboral informático poderían cambiar, tanto para homes como para mulleres, permitíndolles reducir a xornada laboral a ambos, non só ás mulleres, no caso de existir persoas dependentes (maiores e/ou menores) ao cargo dos traballadores. Poderíase incorporar xornadas laborables con horarios flexibles, para que as mulleres teñan máis tempo e poidan dedicar este á súa familia ou crecer no ámbito laboral. Este crecemento viría xa que ás mulleres, ao haber conciliación por parte dos homes, poderían dedicarlle o mesmo tempo que eles ao traballo.

Contorna Familiar É fundamental o apoio da familia en canto á elección do futuro, debido a que aínda existen persoas que cren que a enxeñaría só é para homes e ese feito impide que algunhas mulleres poidan ter un futuro tecnolóxico.

Promoción e execución de programas a escala mundial, nacional e local Programa UIT A UIT (Unión Internacional de Telecomunicacións) realiza o Día Internacional das Nenas no TIC, cuxo propósito é capacitar, sensibilizar e alentar ás nenas e mulleres novas a que desexen comezar os seus estudos en carreiras no ámbito das TIC. A partir do 2011, elevouse a cifra de nenas e mulleres novas que participaron nos encontros de UIT, realizados en máis de 171 países de todo o mundo, e alcanzando as 362 000 nenas e mulleres novas participantes.

Programa GirlsTech Girls in Tech é un proxecto que se iniciou no ano 2017 en Barcelona e colabora co proxecto American Space. Este programa ofrece unha bolsa por dúas semanas a nenas de entre 10 e 12 anos, onde poderán aprender os fundamentos da robótica, programación e impresión 3D. Este proxecto foi creado para promover os estudos STEM entre as mozas.

Programa STEM Talent Girl STEM Talent Girl é un programa español de mentoría que busca fomentar o interese polas disciplinas STEM en rapazas dende a ESO ata o fin da súa etapa universitaria. Ademais de diferentes faladoiros sobre ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas, cada alumna ten unha mentora que lle axudará no seu camiño escolar e profesional. Estas mentoras son profesionais en diferentes campos, entre os que se encontra a informática. Algunhas das actividades que se realizaron relacionadas coa informática foron un taller de impresión 3D, un faladoiro sobre o que se pode facer coa tecnoloxía e un faladoiro para coñecer a programadoras que sirvan de referentes ás rapazas.

Encontro Hackers Sen Fronteiras de alumnas de secundaria A ONGD Enxeñería Sen Fronteiras en colaboración coa cooperativa Rexenerando leva a cabo un encontro de alumnas de secundaria de distintos institutos de Galicia onde se lles explica ás rapazas as diferentes saídas e aplicacións da tecnoloxía. Trátase dun encontro onde, ademais de incentivalas nas disciplinas tecnolóxicas e mostrarlle que son capaces de moito máis do que a sociedade cre, as rapazas poden resolver dúbidas e contar as súas inquedanzas co grupo, apoiándose entre elas e coa axuda das organizadoras. Deste xeito, crean unha rede de alumnas onde falan sobre tecnoloxía (algo que na vida diaria non adoitan facer debido ás costumes da sociedade), o que é moi importante para coller confianza neste ámbito liderado por homes.

Unha enxeñeira ou científica en cada cole