O corvo mariño africano (Microcarbo africanus) é unha ave da familia Phalacrocoracidae. Reprodúcese en gran parte de África continental ao sur do Sáhara e en Madagascar. É unha ave residente pero realiza algúns movementos estacionais.
Taxonomía O corvo mariño africano foi descrito formalmente en 1789 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin na súa edición ampliada e revisada da obra de Carl Linné Systema Naturae. Situouno no xénero Pelecanus e deulle o nome binomial de Pelecanus africanus. Gmelin baseou a súa descrición no "African shag" que describira en 1785 o ornitólogo inglés John Latham no seu libro A General Synopsis of Birds. Durante un tempo estivo no xénero Phalacrocorax. Agora o corvo mariño africano é un dos cinco pequenos corvos mariños situados no xénero Microcarbo que fora creado en 1856 polo naturalista francés Charles Lucien Bonaparte.
Recoñécense dúas subespecies: M. a. africanus (Gmelin, JF, 1789) – África subsahariana costeira e interior M. a. pictilis (Bangs, 1918) – Madagascar (principalmente no oeste)
Descrición miniatura|Secando as ás nolago Baringo, Kenya. É un pequeno corvo mariño de 50–55 cm de longo cunha envergadura de 80-90 cm. É principalmente negro, con brillos verdes, na estación reprodutora. As cobertoiras das ás son prateadas. Ten unha cola longa, unha crista curta na cabeza e unha área facial vermella ou amarela. O bico é amarelo.
Os sexos son similares, pero os adultos non reprodutores e os xuvenís son máis marróns con barriga branca. Algunhas razas do sur manteñen a crista durante todo o ano.
Distribución e hábitat É unha especie común e moi espallada e non se considera que estea ameazada. Reprodúcese en zonas húmidas de auga doce ou costas tranquilas.
Comportamento Pode mergullarse a considerable profundidade, pero xeralmente aliméntase en augas pouco profundas. Frecuentemente trae as súas presas á superficie. Come diversos peixes. Prefire peixes pequenos de movementos lentos e os que teñen formas longas e fusiformes, como os mormíridos, siluriformes e cíclidos. Menos habitualmente come linguados (que localmente poden ser importantes na súa dieta), ras, invertebrados acuáticos e pequenas aves.
Pon de dous a catro ovos nun niño nunha árbore ou no chan, normalmente agochado da vista por herbas longas.
Galería
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Corvo mariño africano (Reed Cormorant) - The Atlas of Southern African Birds Corvo mariño africano - Texto sobre a especie en The Atlas of Southern African Birds.
Categoría:Falacrocorácidos Categoría:Aves de África Categoría:Animais descritos en 1789 Categoría:Taxons descritos por Johann Friedrich Gmelin