Manuel Portas Fernández, nado en Barcelona o 4 de xaneiro e 1960, é un escritor, profesor e sociolingüista galego.
Traxectoria
Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago. Foi profesor de Lingua e Literatura no Instituto Xelmírez I, de Santiago de Compostela, centro que dirixiu dende o ano 1987 até 1996, impulsando a súa galeguización, e novamente entre 2012 e 2023.
Publicou, entre outras, Língua e sociedade na Galiza (1991), unha obra que promove a sensibilidade social cara á lingua, e que realiza unha historia da lingua galega desde unha perspectiva sociolingüística. No mundo do idioma, ademais de desempeñar postos na dirección da Associaçom Galega da Língua, foi membro da comisión fundadora da Mesa pola Normalización Lingüística. Coordinou a Revista Enclave e foi membro do Consello de Administración do xornal A Nosa Terra. Foi responsábel local do BNG e concelleiro en Santiago de Compostela.
En 2010 publicou a súa primeira novela, Denso recendo a salgado. miniatura|Entrevista en Nós Televisión Obras Ensaio Língua e sociedade na Galiza (1991) Baía Edicións. 276 páxs. ISBN 978-8489803022.
Narrativa Denso recendo a salgado (2010). Vigo: Xerais. 280 páxs. ISBN 978-84-9914-132-9 (2ª). ePub: ISBN 978-84-9914-521-1. Novela. Un dedo manchado de tinta (2011). Vigo: Xerais. 368 páxs. ISBN 978-84-9914-253-1. ePub: ISBN 978-84-9914-676-8. Novela. Faneca Brava (2013). Vigo: Xerais. 280 páxs. ISBN 978-84-9914-503-7 (3ª). ePub: ISBN 978-84-9914-415-3. Novela. Reedición: Faneca Brava (2024). Vigo: Galaxia. 244 páxs. ISBN 978-84-1176-333-2 (1ª). Amor en alpargatas (2015). Vigo: Xerais. 208 páxs. ISBN 978-84-9914-805-2. ePub: ISBN 978-84-9914-817-5. Novela. Lourenço, xograr (2015). Vigo: Galaxia. 336 páxs. ISBN 978-84-9151-091-8. Novela. Por puntos (2019). Vigo: Galaxia. 256 páxs. ISBN 978-84-9151-311-7. Cadencias (2020). Vigo: Xerais. 120 páxs. ISBN 978-84-9121-627-8. ePub: ISBN 978-84-9121-656-8.Cadencias Unha cervexa Chang (2022). Vigo: Galaxia. 220 páxs. ISBN 978-84-9151-843-3. Novela detectivesca. Mazarelos (2025). Vigo: Galaxia. 296 páxs. ISBN 9788411765220.
Obras colectivas Estudo Crítico das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (1983). AGAL. Prontuário Ortográfico do Galego (1985). AGAL. Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza (1986). AGAL. A formazón de novos campos léxicos (1986).
Premios Premio García Barros en 2015, por Lourenço xograr. Premio Blanco Amor en 2018, por Por puntos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Entrevista de Literatura Galega do século XX do IES Manuel García Barros.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1960 Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Gañadores do Premio García Barros