Catostómidos (Catostomidae) é unha familia de peixes da orde Cypriniformes que comprende unhas 78 especies de auga doce. Viven case exclusivamente en América do Norte, coa única excepción do Catostomus catostomus, que se atopa tanto en América do Norte coma en Rusia, e do Myxocyprinus asiaticus, que só vive na China. Na meseta de Ozark son un alimento común e celébrase un festival anual no que son protagonistas. Algúns teñen unha longa vida, como Ictiobus cyprinellus, que pode chegar a vivir 127 anos, o que o converte no teleósteo de auga doce máis lonxevo coñecido.

Descrición e bioloxía A boca destes peixes está normalmente situada na parte baixa da cabeza (subterminal), e ten beizos carnosos e grosos. A maioría das especies son de menos de 60 cm de lonxitude, pero as especies máis grandes (Ictiobus e Myxocyprinus) poden superar os 100 cm. Distínguense dos peixes relacionados por teren un longo óso farínxeo na gorxa, que contén unha soa ringleira de dentes.

Atópanse normalmente en ríos, pero tamén poden vivir noutros ambientes de auga doce. O seu alimento vai desde detritos e organismos que viven no fondo (como crustáceos e vermes), a insectos da superficie, cangrexos de río, pequenos vertebrados terrestres e outros peixes.

Rexistro fósil

Os Catastomidae fósiles basais datan do Eoceno medio de Colorado e Utah.Paleobiology database. Os fósiles de tipo catostomino máis antigos son os Pantosteus do Mioceno medio de Oregón.

Como alimento miniatura|250px|Hypentelium nigricans. Poden pescarse de varias maneiras, como con pesca con cana e arpón. A miúdo, especies como Catostomus commersonii e Hypentelium nigricans son os preferidos como comida. Poden ser enlatados, afumados ou fritidos, pero xeralmente hai que facerlles pequenos cortes na carne antes de fritilos para facer que os ósos internos sexan saborosos. Foron unha importante fonte de alimento para os indíxenas americanos. Os indíxenas empregaban moitos métodos de pesca, sendo o máis elaborado as trampas para peixes feitas de pedra construídas nos ríos onde desovaban, restos das cales poden verse hoxe no Parque Estatal de Ahjumawi Lava Springs onde o pobo achomawi atrapaba os Catostomus occidentalis. No oeste estas relacións cos peixes fixéronse aínda máis importantes despois do declive da migración río arriba do salmón debido aos danos e destrución do hábitat, cando algúns grupos de pobos nativos dependeron da migración estacional dos catostómidos como parte significativa da súa alimentación ata a década de 1950.

Na China hai unha significativa industria de acuicultura dedicada á crianza de Myxocyprinus asiaticus para alimento.Lin, Y.; Y. Gong; Y. Yuan; S. Gong; D. Yu; Q. Li; and Z. Luo (2012). Dietary L-lysine requirement of juvenile Chinese sucker, Myxocyprinus asiaticus. Aquaculture Research, 44(10): 1539–1549. doi:10.1111/j.1365-2109.2012.03161.x Historicamente, eran un importante compoñente das pesquerías silvestres no río Yangtzé, pero as poboacións salvaxes están baixo presión debido á contaminación, destrución do hábitat e proxectos de encoros hidroeléctricos.Koga, James S. Chinese high fin banded shark , Cal Poly Pomona, setembro de 2003. Consultado o 5 de maio de 2019

Pesca deportiva Algúns catastómidos, especialmente os Ictiobus e Moxostoma, son cobizados na pesca deportiva, aínda que a maioría das outras especies son tamén pescadas en menor medida. Na maioría da súa área de distribución son considerados peixes sen interese. Historicamente os catastómidos foron os chibos expiatorios da destrución ambiental causada polos humanos que afectaba a peixes populares como o Oncorhynchus (salmón do Pacífico) e o Micropterus dolomieu (un tipo de black bass), do que se lles botaba a culpa. Isto levou a unha estendida e innecesaria destrución a mans de pescadores de cana ignorantes.

Subfamilias e xéneros

miniatura|Moxostoma robustum miniatura|Ictiobus bubalus miniatura|Espécime fósil de Amyzon aggregatum Os Catostomidae clasifícanse nas seguintes subfamilias e xéneros: Subfamilia Catostominae Agassiz, 1850 Xénero Catostomus Lesueur, 1817 Xénero Chasmistes D. S. Jordan, 1878 Xénero Deltistes Seale, 1896 Xénero Erimyzon D. S. Jordan, 1876 Xénero Hypentelium Rafinesque, 1818 Xénero Minytrema D. S. Jordan, 1878 Xénero Moxostoma Rafinesque, 1820 Xénero Pantosteus Cope, 1875 Xénero Thoburnia D. S. Jordan & Snyder, 1917 Xénero Vexillichthys Armbruster, 2024 Xénero Xyrauchen C. H. Eigenmann & Kirsch, 1889 Subfamilia Cycleptinae Gill, 1861 Xénero Cycleptus Rafinesque, 1819 Subfamilia Ictiobinae Bleeker, 1863 Xénero Carpiodes Rafinesque, 1820 Xénero Ictiobus Rafinesque, 1820 Subfamilia Myxocyprininae Fowler, 1958 Xénero Myxocyprinus Gill, 1877 Outros xéneros extintos: Xénero †Amyzon Cope, 1872 Xénero †Plesiomyxocyprinus Liu & Chang, 2009 Xénero †Vasnetzovia Sytchevskaya, 1986 Xénero †Wilsonium Liu, 2021 O xénero fósil Jianghanichthys fora anteriormente situado en Catastomidae, mais agora está situado na súa propia familia, Jianghanichthyidae.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Catostómidos Categoría:Peixes de América do Norte Categoría:Taxons descritos por Edward Drinker Cope Categoría:Peixes de Asia