miniatura|510x510px|Moedas hispano-púnicas do século III a.C. expostas no Museo de Albacete.

A moeda hispano-púnica abrangue o conxunto de emisións monetarias efectuadas na Península Ibérica con lendas en alfabeto fenicio en calquera das súas modalidades —áchanse adoito en alfabetos púnico e neopúnico—.​Villaronga, L. (1979). Páxinas 73-74.

As primeiras cuñaxes na Península Ibérica con este tipo de escrita danse na zona de Gadir e datan de entre finais do século IV a.C. e comezos do século III a.C.Alfaro Asins, C. et al. (1997). Páxinas 50-53. Paulatinamente foron deixando de se producir logo da romanización da Península, e conviviron na circulación coa moeda grega e coa moeda romana durante varios séculos.

Malia existiren abundantes achados de moedas con influencia púnica na Península Ibérica e nas Illas Baleares, non todas se encadran nas series hispano-púnicas. Numerosas cecas no Sur da península incorporan simboloxía de orixe semita pero utilizan epigrafía latina ou ibérica, polo que non forman parte desta catalogación, pese a súa orixe en poboacións feno-púnicas. Pola contra, algúns especialistas consideran tamén como moedas hispano-púnicas as procedentes da ceca de Baria, malia tratarse de emisións carentes de epigrafía.

Área xeográfica A zona afectada por estas emisións corresponde ao sur da Península Ibérica, nos antigos asentamentos costeiros fenicios, así como nalgunhas outras localidades. No interior, nos accesos do val do Guadalquivir que tivesen poboamento púnico (como Tagilis ou Urso), e localidades dentro da contorna de Gadir; e por último, hai outro grupo que parece relacionado coas explotacións mineiras da serra de Huelva. Destacan as cecas de Gadir, Ebusus, Malaca, Seks e Abdera.

Acháronse moedas hispano-púnicas de orixe gaditana en Galicia, en toda a costa mediterránea española, no norte de África, en zonas de Italia, en Sicilia e como moeda contramarcada en Alxeria.Alfaro Asins, C. et al. (1997). Páxinas 90-91.

Cronoloxía A moeda hispano-púnica data de entre o 330 a.C. e o 54 d.C. Distínguense adoito tres fases diferenciadas nas cuñaxes hispano-púnicas.Alfaro Asins, C. et al. (1997). Páxinas 64-70.

Primeiras emisións (330-237 a.C.). Desde as máis antigas ata a chegada de Hamílcar Barca logo da primeira guerra púnica. Só se producen moedas de cobre. Segunda etapa (237-202 a. C.). Abrangue o período de presenza bárcida na Península Ibérica e a segunda guerra púnica. Incorpóranse neste período moedas en prata e ouro. Emisións púnico-romanas (século II a.C. - 54 d.C.). Trátase de emisións de cecas púnicas baixo o dominio do Imperio Romano. Todas estas cuñaxes son en bronce.Alfaro Asins, C. et al. (1997). Páxina 86.

Autoridades emisoras Distínguense tres tipos de emisións, segundo a súa autoridade emisora e tamén en función da localización xeográfica das cecas onde se produciron.

Metropolitanas: son as producidas en territorio cartaxinés e, posteriormente, postas en circulación no exterior do imperio. Provinciais: trátase das moedas cuñadas en Iberia durante a segunda etapa, con carácter militar. Cidadás locais ou municipais: son emisións realizadas por cecas situadas en cidades de Hispania baixo a súa propia autoridade.

Historia miniatura|310x310px|Campañas de Haníbal na Península Ibérica en 221-220 a.C. Logo do nacemento da moeda en Grecia durante o século VII a.C., xa no século V a.C. comeza a emitirse moeda grega no nordés da Península Ibérica, na colonia de Emporion. Non se emitirá moeda en alfabeto fenicio-púnico ata o século V a.C., cando Cartago precisou realizar cuñaxes para o financiamento das tropas de mercenarios en campañas militares en Sicilia. Comezouse a cuñar moeda hispano-púnica entre finais do século IV e principios do século III a.C. nas antigas colonias fenicias de Gadir e Ebusus. As máis antigas, exclusivamente en cobre, seguen un padrón púnico de Sicilia. O seu obxectivo era facilitar transaccións comerciais cotiás e, por mor do seu pequeno tamaño, non tiñan moito valor, malia a calidade do metal empregado.​

Durante o segundo período, tras a derrota cartaxinesa na primeira guerra púnica comeza a cuñarse moeda en ouro e en prata co obxectivo de efectuar pagamentos a tropas, seguindo a ocupación da familia Barca do Sur peninsular e o su posterior avance cara á Península Itálica.​Alfaro Asins, C. et al. (1997). Páxinas 70-71. O sistema metrolóxico é o fenicio, aínda que a prata segue un peso lixeiramente inferior. Ás emisións oficiais en prata uníronse algunhas cidades como Gadir e Ibiza cos seus propios pesos. Este conxunto é de extraordinaria calidade artística, con representacións de divindades segundo o estilo helenístico e, nos reversos, os sinais do poder bárcida: a proa e o elefante. O padrón ponderal gaditano neste momento para a prata é o siclo de 9,4 gramos, que se usa como referencia para producir hemisiclos de 4,7 gramos de prata en Gadir.García Bellido, M. P. «Los sistemas ponderales en el mundo púnico de Iberia e Ibiza». En Costa, B.; Fernández, J. ed. (2013). Páxinas 39-41.

No século II a.C. xa non se distingue ben se o sistema metrolóxico é cartaxinés ou romano; é probable a coexistencia de ambos os padróns evolucionados para facilitar os intercambios ao longo do século I a.C. A partir do ano 206 a.C. Gadir coñeceu o seu máximo desenvolvemento económico debido ao comercio e ás boas relacións con Roma froito da expulsión cartaxinesa. É o momento de maior cuñaxe de moeda e comézase a utilizar un proceso con normas oficiais máis acusadas nas súas tipoloxías, con emisións que cubrirán séculos.​ Detéctanse reducións de peso en todas as cecas e a hexemonía do sistema ponderal romano, aínda que con numerosas variantes. Desta fase en adiante, a amoedación fíxose máis heteroxénea como consecuencia dunha cuñaxe máis rápida para satisfacer as soldadas, incorporando novas cidades ao conxunto das emisoras. En Gadir, xa transformada na Gades romana, deixa de utilizarse o alfabeto fenicio entre os anos 49 a.C. e 19 a.C., aínda que se seguen achando moedas hispano-púnicas en circulación moito tempo despois. Estas moedas, cuñadas tras a anexión de Gades a Roma, teñen unha grande expansión e chegan a atoparse mesmo en Galicia, en toda a costa Mediterránea española e no Norte de África. A partir do 27 a.C. comezou a producirse unicamente moeda romana, que acabou por substituír a fenicia.

As moedas púnicas da Illa do corvo

En 1749 achouse un tesouro monetario, logo dunha forte tempestade que revolveu os sedimentos depositados xunto á costa da illa do Corvo, no arquipélago portugués dos Azores. Esas moedas foron identificadas por especialistas da época —e máis tarde reconfirmadas— como de orixe cartaxinesa e cirenaica, e datadas entre os anos 300 e 320 a.C.Fernandez, Joaquim. "O Cavaleiro da Ilha do Corvo. Quem chegou pela primeira vez aos Açores? ". En Academia.edu.Duane Roller (2006). Through the Pillars of Herakles: Greco-Roman Exploration of the Atlantic. Routledge. Nova York / Londres. Páxinas 49-50. ISBN 978-0415486965Podolyn, Johan. "Några Anmärkingnar om de Gamles Sjöfart, i anledning af några Carthaginensiska och Cyrenaiska Mynt, fundne år 1749, på en af de Azoriska Öarne". En Det Götheborgska Wetenskaps och Witterhets Samhallets Handlinger Wetenskaps Afdelningen. Först Stycket, 1778. Facsímil da primeira páxina en: Hennig, Richard. Terrae Incognitae: Eine Zusammenstellung und kritische Bewertung der wichtigsten vorkolumbischen Entdeckungsreisen an Hand der darüber vorliegenden Originalberichte. Brill. Leiden. 1944. Páxina 140.

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Moedas cartaxinesas da illa do Corvo Moeda ibérica antiga Moeda cartaxinesa

Bibliografía

Alfaro Asins, C. et al. (1997). Historia Monetaria de Hispania Antigua. Ed. Jesús Vico. ISBN 84-8571117-3 Costa, B.; Fernández, J. ed. (2013). La Moneda e su papel nas sociedades fenicio-púnicas, XXVII Jornadas de Arqueología Fenicio-Púnica. Govern de les Illes Balears, Eivisa. ISBN 9788487143496 Martínez Chico, D. (2014). "Un tesoro de dishekels e shekels hispano-cartagineses hallado por Badajoz". En Herakleion, 7. Páxinas 29-51. Villaronga, L. (1979). Numismática Antigua de Hispania. CYMYS, Barcelona. 73-74. ISBN 84-85060-44-X

Ligazóns externas

"Trishekel hispano-cartaginés". Museo Arqueológico Nacional (MAN.es) "Cecas feno-púnicas e neopúnicas". Tesorillo.com "Ciudades feno-púnicas". Museo Arqueolóxico Nacional (MAN.es)

Categoría:Moedas da Idade Antiga Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Cartago Categoría:Moedas de España Categoría:Moedas de Portugal