Ameiurus nebulosus é un peixe de auga doce da familia Ictaluridae que está amplamente espallado por América do Norte. É similar ao Ameiurus melas e ao Ameiurus natalis. Orixinalmente foi descrito co nome Pimelodus nebulosus por Charles Alexandre Lesueur en 1819, e un sinónimo é Ictalurus nebulosus.

É o símbolo totémico de clan do pobo ojibwa. Nas súas tradicións, este peixe (que chaman wawaazisii) é un dos seis seres que saíron do mar para formar os clans orixinais.

Descrición

Este peixe crece ata aproximadamente os 53 cm de lonxitude e ten cor marrón escura dorsalmente, facéndose verde máis claro e amarelo cara á superficie ventral. A barriga é branca crúa ou crema, e é un peixe que carece de escamas. Ademais, hai manchas negras amarronadas máis escuras por toda a superficie do peixe. Ten unha aleta dorsal cunha espiña, unha soa aleta adiposa posterior, aletas pelvianas abdominais e unha aleta anal con de 21 a 24 raios. A cola só está lixeiramente amosegada, cos lobos dorsal e ventral formando un ángulo cara a dentro. As aletas pectorais teñen espiñas que levan de cinco a oito dentes no seu bordo posterior. Arredor da boca ten seis barbelas. As barbelas do queixo son de cor negra a marrón amarelada. Os xoves son de aparencia similar, pero é máis probable que teñan unha soa cor lisa.

A boca é terminal ou lixeiramente subterminal, coa mandíbula superior proxectándose lixeiramente máis alá da inferior. Esta posición permítelles alimentarse no fondo. Pode distinguirse de Pylodictis olivaris pola ausencia de extensións posteriores laterais na área dental da mandíbula superior. Os adultos teñen un tamaño entre 200 a 500 mm e un peso entre 0,5 kg e 3,6 kg (en casos extremos). Son ectotérmicos, heterotérmicos e con simetría bilateral. Poden distinguirse dos A. melas e A. natalis polas súas barbelas negras amareladas, a ausencia dunha barra hipopigmentada na base da cola (que está presente nos A. melas), e por teren 21–24 raios nas aletas anais.

Distribución A área nativa desta especie é a cunca atlántica e a do Golfo de México. Máis especificamente, encóntrase desde Nova Scotia e Nova Brunswick ata baía Mobile, Alabama, e nos Grandes Lagos, baía de Hudson e cunca do río Mississippi (desde Quebec a Saskatchewan, polo sur ata Luisiana, e polo oeste ata Texas). Porén, hai evidencias de que esta especie estaba ausente historicamente desde a costa do Golfo ao oeste do río Apalachicola e ao leste do río Mississippi. A especie é tamén abundante en moitas rexións como resultado da repoboación de peixes para alimento ou deporte. Estas localizacións inclúen Xeorxia, Alabama, Arizona, Arcansas, California, Colorado, Hawai, Idaho, Kansas, Kentucky, Luisiana, Maine, Missouri, Nebrasca, Nevada, Nova Hampshire, Novo México, Ohio, Oklahoma, Oregón, Virxinia e Washington. Son peixes sociais non migratorios que forman bancos.

Hábitat Prospera en diversos hábitats, como lagos, lagoas e correntes fluviais lentas con baixo oxíxeno ou condicións lamacentas. En moitas áreas dos Estados Unidos, son peixes que se alimentan no fondo de forma oportunista. A especie ten poucos predadores naturais e non é popular entre os pescadores de cana en moitas zonas, polo que prospera. Viven en hábitats como lagos ou lagoas turbias ou canles de drenaxe. Non se deixan ver durante o día, pero saen pola noite para alimentarse, buscando comida no fondo dun lago ou río."Brown Bullhead Catfish." Aliens Among Us. N.p., n.d. Web. 27 de outubro de 2014. <http://alienspecies.royalbcmuseum.bc.ca/eng/species/brown-bullhead-catfish >. Comen insectos, samesugas, caracois, peixes, ameixas, e moitas plantas. Tamén comen millo, que pode usarse como isco. Igual que outros siluriformes, desovan só unha vez que a temperatura da auga chega a 27 °C en xuño e xullo. Porén, cómpren temperaturas máis frías para que desoven no note dos Estados Unidos. miniatura|esquerda|Ameiurus nebulosus Poden soportar un amplo rango de temperaturas da auga e baixos niveis de oxíxeno. Poden sobrevivir en augas con moita polución e valores de oxíxeno disolto de só 0,2ppm. Debdo á súa tolerancia aos niveis baixos de oxíxeno, están menos ameazados pola mortalidade invernal e teñen capacidade de sobrevivir en ambientes relativamente extremos.

Pesca Pode pescarse doadamente con isco natural, como vermes e fígado de polo. Unha vez no anzó ofrecen certa pelexa pero non demasiado forte. Os pescadores de cana a miúdo péscanos no fondo. Non son tan apreciados na cociña como os seus curmáns Ictalurus punctatus e Ictalurus furcatus. Na maioría das zonas non superan o quilo de peso, e a marca mundial actual segundo a International Game Fish Association é a dun exemplar de 3,345 kg.

Ciclo vital e reprodución

miniatura|Grupo de ovos de A. nebulosus. Viven normalmente entre seis e oito anos, pero algúns en catividade chegaron a quince. A especie desova entre abril e xuño. Durante a duración dunha estación reprodutora, as femias son monógamas. Non hai comportamentos concretos para a atracción da parella. As femias poñen ovos en localizacións escuras como baixo rochas e dentro de troncos ocos, onde son fertilizados externamente polo macho. O peixe ponse fronte á súa parella durante o proceso de fecundación. Os niños créanos fundamentalmente as femias, pero protexen os ovos ambos os sexos. Un grupo de ovos nun niño pode conter entre 50 e 10.000 ovos. Os ovos xeralmente tardan seis día en facer eclosión, pero poden tardar 13 días. Ambos os pais xeralmente coidan da descendencia uns cinco días máis despois da eclosión. Un dos pais mantén as crías formando un banco durante un mes. Permanecen en bancos mentres son xoves.

Tanto o macho coma a femia chegan á madureza sexual aproximadamene aos tres anos. Ocasionalmente foron vistos comendo os seus propios ovos.

Como especie invasora Foi introducido en moitos países europeos, como Polonia, Alemaña, Suecia, Noruega, Finlandia, Romanía, Estonia, Hungría, Serbia e Croacia. Tamén foron introducidos no oeste de América do Norte, Chile, Porto Rico e Nova Zelandia. Os países nos que se informou de efectos prexudiciais da súa introdución son Irán e Turquía.

Alimentación Son omnívoros bentónicos que comen no fondo case todo o que lles caiba na boca. A súa dieta consiste en algas, samesugas, vermes, moluscos, crustáceos, insectos, cangrexos, ouros peixes pequenos e ovos de peixes. Aliméntanse normalmente pola noite, pero tamén se viron alimentándose de día. Teñen mala vista e son moi dependentes do tacto das súas barbelas para localizaren a comida.

Predación Son máis susceptibles ao ataque dos predadores nos seus primeiros estadios de desenvolvemento, principalmente como ovos. Son as presas das seguintes especies: lucios, Esox masquinongy, Sander vitreus, tartarugas mordedoras, serpes acuáticas, a ave socociño verdoso, Perca flavescens e centrárquidos. Ademais, son pescados na pesca comercial a pequena scala, pesca deportiva e máis especifcamente para o consumo e investigación. A predación por outros peixes só é unha ameaza para os exemplares xoves que teñen menos de 11 cm, mentres que a maior ameaza para os adultos son os humanos. Teñen unha coloración protectora para evitar a predación. Como modo de defensa física contra os predadores, teñen unha espiña aguda na parte anterior das aletas dorsal e pectoral. Para usar esta adaptación como mecanismo de defensa, erguen a espiña cando están sendo atacados, o que impide que o predador os trague e á vez liberan un veleno ao picaren coa espiña ao predador.

Conservación

Non ten ningún status especial asignado pola IUCN, nin polo Programa de Especies en Perigo dos Estados Unidos, nin no apéndice do CITES. Poden tolerar niveis moi baixos de oxíxeno orixinados pola contaminación industrial ou doméstica. Son a especie máis abundante en moitos lagos e ríos do continente.

En Missouri, está considerado como Species of Conservation Concern (especie con preocupación pola súa conservación) e está ameazado pola destrución de hábitat, particularmente a drenaxe de pantanos na área de Missouri Bootheel para a súa conversión en terras de cultivo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ameiurus nebulosus, en alemán; publicado orixinalmente en: Datz-Aquarienpraxis 11/2004, S. 10f.

Categoría:Ictalúridos Categoría:Peixes de América do Norte Categoría:Animais descritos en 1819 Categoría:Taxons descritos por Charles Alexandre Lesueur