American Primeval é unha serie de televisión estadounidense creada e escrita por Mark L. Smith e dirixida por Peter Berg. Está protagonizada por Taylor Kitsch e Betty Gilpin, e está ambientada en 1857 durante a guerra de Utah. Estreouse o 9 de xaneiro de 2025 a través de Netflix.

Sinopse Ambientada en 1857 durante a guerra de Utah, a serie dramatiza a loita para gañar o control do Oeste americano e o violento enfrontamento entre a Igrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días e as culturas do Territorio de Utah, centrándose nos acontecementos que rodean o masacre de Mountain Meadows. Aínda que está ambientada en feitos históricos reais, a serie é en gran parte ficticia.

Personaxes Taylor Kitsch como Isaac Reed/Spotted Hawk Betty Gilpin como Sara Holloway/Rowell Dane DeHaan como Jacob Pratt Saura Lightfoot-Leon como Abish Pratt Derek Hinkey como Red Feather Joe Tippett como James Wolsey Jai Courtney como Virgil Cutter Preston Mota como Devin Rowell Shawnee Pourier como Two Moons Shea Whigham como Jim Bridger

Notas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión en lingua shoshone Categoría:Series de televisión iniciadas en 2025 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2025 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América