A lingua guaicura ou waikuri é unha lingua extinta que se falou no centro e sur do actual estado mexicano de Baixa California Sur (México). É unha lingua mal coñecida, documentada principalmente polo traballo dos misioneiros que cristianizaron a Vella California no século XVII. Posiblemente extinguiuse ao final do século XIX ou a comezos do século XX. Tentouse relacionala co cochimí que se falaba ao norte do territorio guaicura. Porén, non parece haber relación entre ambas as linguas.

Historia A lingua guaicura foi coñecida polos misioneiros xesuítas que chegaron á Vella California no século XVII. Desafortunadamente, os traballos realizados polas xesuítas entre os indíxenas de California non foi suficientemente completo como para dar un panorama máis amplo das linguas dos californios. Un dos traballos que se coñecen deste primeiro contacto entre europeos e guaicuras é o de Juan Jacobo Baegert, que legou unha lista de palabras en guaicura e unha tradución dalgunhas oracións cristiás. A mediados do século XIX, cando o historiador mexicano Francisco Pimentel escribiu o seu Cuadro descriptivo y comparativo de las lenguas indígenas de México, aínda existían algúns falantes de guaicura no territorio de Baixa California.

Véxase tamén Bibliografía Karl-Heinz Gursky (1966): "On the Historical Position of Waikuri", International Journal of American Linguistics, Vol. 32, No. 1 (Jan., 1966), pp. 41-45.

Categoría:Linguas illadas Categoría:Linguas de México Categoría:Linguas mortas de América do Norte