José Manuel Mármol Servián, nado en Lucena o 11 de agosto de 1987, é un político español do Partido Socialista Obrero Español.

Traxectoria Alcalde de Priego de Córdoba desde 2017 ao 2019. Desde 2009, é responsable de Turismo no Concello de Monturque, e desde o 19 de febreiro de 2009, exerce como secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Priego, e como portavoz adxunto do PSOE en Priego e portavoz do Executivo Municipal. Foi senador do Senado de España (2015-2016; 2016-2019) e candidato do PSOE á Alcaldía de Priego de Córdoba.

É licenciado en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Málaga.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil do senador

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados na provincia de Córdoba Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Senadores de España polo PSOE Categoría:Alumnos da Universidade de Málaga