Companion é un filme estadounidense de 2025 dirixido e escrito por Drew Hancock. Está protagonizado por Sophie Thatcher e Jack Quaid como unha parella nunha escapada de fin de semana con amigos nunha mansión remota, que se converte nun caos despois da revelación de que un dos hóspedes é un robot de compañía. Foi producido por Zach Cregger, Roy Lee, Raphael Margules e J. D. Lifshitz. Lukas Gage, Megan Suri, Harvey Guillén e Rupert Friend compoñen o resto do elenco.

Companion estreouse nos cinemas dos Estados Unidos por Warner Bros. Pictures o 31 de xaneiro de 2025. Recibiu valoracións positivas e recadou 36,7 millóns de dólares cun orzamento de 10 millóns de dólares.

Personaxes Sophie Thatcher como Iris Jack Quaid como Josh Lukas Gage como Patrick Megan Suri como Kat Harvey Guillén como Eli Rupert Friend como Sergey Jaboukie Young-White como Teddy Matthew J. McCarthy como Sid Marc Menchaca como Deputy Hendrix

Notas

Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes sobre intelixencia artificial