A Casa Benedicto é un edificio situado no concello de Navia de Suarna, na provincia de Lugo. De estilo modernista, foi construído contra a década de 1920 por Víctor Fernández Pardo. O seu nome débese á antiga xastrería que ocupou a súa planta baixa durante anos, rexentada por Benedicto Fernández Lombardero.

Historia A casa foi construída por Víctor Fernández Pardo cara a 1920, mais este nunca chegou a habitala. Posteriormente, a súa planta baixa foi ocupada por unha xastrería; porén, tras o seu peche o edificio foi abandonado e comezou a deteriorarse. En 2005 foi adquirido pola Deputación de Lugo, que logo o cedeu ao concello. Con todo, a falta de coidados levou á súa deterioración, polo que se propuxo a súa derruba para ampliar a praza da Proba, onde se sitúa. A súa demolición estaba prevista a finais do verán do ano 2025, mais o edificio aínda non foi derruído. En setembro dese ano os veciños manifestáronse en contra da súa demolición.Vecinos de Navia de Suarna se manifiestan en contra de la demolición de la Casa Benedicto. www.elprogreso.es.

Características A Casa Benedicto, "un exemplo valioso de arquitectura modernista galega", consta de tres plantas e unha galería de madeira. Pola súa altura, destaca sobre o resto de edificios da contorna.

Polémica A proposta de derrubamento, iniciada xa no 2017, produciu unha resposta negativa na veciñanza, que se organizou para evitalo. Esta primeira campaña contou co apoio do Colexio Oficial de Arquitectura de Galicia (COAG). Secasí, en marzo de 2025, o concello obtivo fondos por valor de 27.000 euros da Deputación para a destrución do inmoble. Este novo intento levou á creación da Asociación Patrimonio Naviego, que busca promover a restauración da casa para destinala a usos socioculturais. Tanto o COAG como a Apatrigal manifestaron a súa oposición ao derrubo. A demolición seguiu prevista para finais do verán de 2025, mais aínda non se levou a cabo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Casa Benedicto, 100 anos de historia (Ovidio Fernández).

Benedicto Benedicto Categoría:Navia de Suarna sen imaxes