Walls - Akinni Inuk é un filme documental groenlandés de 2025 dirixido por Sofie Rørdam e Nina Paninnguaq Skydsbjerg.Pat Mullen, "Walls – Akinni Inuk Review: Empathy for Life". Point of View, 26 de abril de 2025. O filme é un retrato de Ruth Mikaelsen Jerimiassen, unha muller que leva encarcerada indefinidamente en Nuuk por intento de asasinato, á que se lle dá a oportunidade de redimirse cando se abre o seu caso para revisión.Annika Pham, "Greenlandic Doc ‘Walls – Akinni Inuk’ Filmmakers on a Story About ‘How Human Connection Can Wash Away Prejudice’". Variety, 20 de marzo de 2025.
Estreouse no festival de documentais CPH:DOX, onde foi galardoado co premio Nordic Dox.Vassilis Economou, "Always wins big at CPH:DOX". Cineuropa, 31 de marzo de 2025. Tivo a súa estrea norteamericana en abril no Festival Internacional de Documentais Canadenses Hot Docs.
Foi escollido como candidato de Groenlandia para Premio do Consello Nórdico de Cinema,Marta Balaga, "‘When the Light Breaks,’ ‘Dreams’ Nominated for Nordic Council Film Prize – and ‘The Last Paradise on Earth,’ the First-Ever Entry From the Faroe Islands". Variety, 18 de agosto de 2025. e para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios,Ben Dalton, "Greenland makes third-ever international feature Oscar entry with ‘WALLS – Akinni Inuk’". Screen Daily, 22 de setembro de 2025. mais finalmente non foi nomeado.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Groenlandia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua groenlandesa Categoría:Filmes de Groenlandia