Quinto Ogulnio Galo (en ) foi un maxistrado romano do século -III. Formaba parte da gens Ogulnia, unha familia romana de orixe plebea. Traxectoria

Tribuno da Plebe No ano 300 a. C., Galo exerceu como tribuno da plebe xunto co seu irmán, Cneo. Ambos propuxeron unha lei que engadía aos catro pontífices e catro augures xa existentes, todos patricios, catro pontífices e cinco augures máis, que se escollerían entre antigos cónsules plebeos. O pobo votou a favor de aplicar esta lei, que pasou á historia como a Lei Ogulnia, un fito que permitía aos plebeos acceder a cargos sacerdotais, ata entón prerrogativa exclusiva dos patricios.Livio, Ab Urbe Condita X, 6-9

Período intermedio (290-270 a. C.) Posteriormente, os dous irmáns foron nomeados edís curules no ano 296 a. C. e, esta vez, grazas aos bens confiscados dalgúns usureiros procesados ​​por eles, doaron as portas de bronce, vasos de prata e a cuadriga que decoraba o frontón ao Templo de Xúpiter Capitolino. Foi tamén neste ano que ordenaron a instalación da efixie da Loba Capitolina con Rómulo e Remo preto da sagrada Figueira ruminal. Finalmente, ordenaron a pavimentación do camiño entre a Porta Capena e o Templo de Marte Vingador.Livio, Ab Urbe Condita X, 23

Segundo o relato tardío de Aurelio Víctor, no ano 292 a. C., cando Roma se enfrontaba a unha epidemia, Ogulnio liderou a delegación romana enviada para buscar axuda dos deuses no santuario de Asclepio en Epidauro, no Peloponeso. Segundo o relato, unha serpe saíu da base da estatua do deus e refuxiouse a bordo dun dos barcos romanos. Cando a delegación regresou, a serpe abandonou o barco e nadou polo Tíber ata a Illa Tiberina, onde se construíu un templo de Asclepio e rematou a epidemia.Aurelio Víctor, De viris illustribus urbis Romae, 22

No ano 273 a. C., Galo participou, xunto con Quinto Fabio Máximo Gurxes e Numerio Fabio Píctor, nunha expedición ao faraón exipcio Tolomeo III, parente e aliado de Pirro de Epiro, que ameazaba con intervir contra os intereses romanos no sur de Italia. Ao seu regreso, os embaixadores informaron ao Senado e devolveron ao Tesouro os agasallos que recibiran de Tolomeo. Non obstante, os senadores rexeitaron o nobre xesto e permitíronlles quedar coa súa recompensa.Dionisio de Halicarnaso, Antigüidades Romanas X, 14Valerio Máximo, Factorum et Dictorum Memorabilium Libri Novem, 4.3.9.

Consulado (269 a.C.) Foi elixido cónsul no -269 xunto con Gaio Fabio PíctorRoldán (1995), p. 741 e liderou a guerra contra os picentinos, que non rematou ata o ano seguinte. O seu consulado foi importante porque por primeira vez se cuñou prata en Roma en moedas de denarios, quinarios, sestercios e dupondios.Livio, Ab Urbe Condita Epit. XVPlinio, Naturalis Historia XXXIII, 13, 44 A emisión destas moedas, que substituíron os dracmas gregos en circulación, marcou a emancipación económica da República Romana.

Conquistou, xunto co seu colega Gaio Fabio Píctor, levando a cabo unha campaña contra os picentinos e, con considerábel dificultade, conseguiron conquistar Aufidena, unha cidade descoñecida, pero probabelmente a mesma que menciona Xoán Zonaras co nome de Caricini, a principal cidade dos caracenos. Esta cidade podería ser a actual Castel di Sangro.

Ditadura (257 a. C.) No -257 foi brevemente ditador feriarum constituendarum causa, cuxo único propósito era levar adiante os Xogos Romanos (latinarum feriarum).Flavio Eutropio, II 16

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Lista de cónsules romanos na República

Ligazóns externas

«Digital Prosopography of the Roman Republic» (DPRR): OGUL0632 Q. Ogulnius (5) L. f. A. n. Gallus. King's College Londres. 2022. Strachan, C. (2007). «Roman Republican and Imperial Senatorial Families»

Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados no século -IV Categoría:Finados no século -III Categoría:Cónsules da República romana Categoría:Gens Ogulnia Categoría:Ditadores romanos