Isabel Garzo Ortega, nada en Madrid o 10 de maio de 1984, é unha escritora española.
Traxectoria É licenciada en xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou como coordinadora editorial e redactora en distintos medios (revistas Yorokobu, Ling, Ideas e outras). Tamén é asesora de comunicación e correctora de estilo e imparte conferencias e obradoiros sobre escritura e linguaxe.
En 2010, Incógnita Editores publicou o seu primeiro libro, Cuenta hasta diez, unha recompilación de relatos breves.
Na presentación aos medios da súa primeira novela, Las reglas del olvido, editada por LoQueNoExiste en abril de 2013, estivo acompañada pola actriz Elena Anaya e pola cantante Conchita. A novela, con prólogo de Miguel Sandín (finalista do Premio Nadal de Literatura), narra a historia dunha moza que debe enfrontarse á súa realidade cotiá tras perder a memoria nun accidente.
En 2016 publicou a súa segunda novela, Los seres infrecuentes (Editorial Pie de Página), un relato sobre a familia e as relacións que tamén conta co toque onírico que caracteriza a obra da autora. Está prologado polo escritor Gustavo Martín Garzo, gañador do premio Nacional e do premio Nadal de literatura, con quen a autora está emparentada en segundo grao.
En 2022 publicou La habitación de Dafne, sobre o poder das palabras e o concepto de «verdade», na editorial Demipage. A obra está prologada por Javier Capitán.
Obra literaria La habitación de Dafne (Demipage, 2022). Xénero: novela. Prólogo de Javier Capitán. Los seres infrecuentes (Editorial Pie de Página, 2016). Xénero: novela. Prólogo de Gustavo Martín Garzo, premio Nadal e premio Nacional de literatura. Las reglas del olvido (Editorial LoQueNoExiste, 2013). Xénero: novela. Prólogo de Miguel Sandín, finalista do premio Nadal de literatura. Cuenta hasta diez (Incógnita Editores, 2010). Xénero: relato breve.
Notas
Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid