José Corpas Serna, nado en Baños de la Encina o 7 de xullo de 1991, é un futbolista español que xoga como extremo dereito no Eibar, da Segunda División.
Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol na canteira do CD Linares e, trala disolución deste club, pasou ao novo Linares Deportivo, debutando co primeiro equipo o 20 de setembro de 2009, nunha vitoria por 4-0 contra o Jódar EM.
Durante os seguintes anos afianzouse na titularidade, conseguindo ascender á Terceira División en 2012 e á Segunda División B en 2015. Na tempada 2017/18 militou no Marbella FC, tamén da Segunda B, e na seguinte campaña pasou ao Almería, co que debutou na Segunda División.
En outubro de 2020, despois de marcar 12 goles na tempada anterior, fichou polo Eibar, tamén da Segunda División.
Notas
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados na provincia de Xaén Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Linares Deportivo Categoría:Xogadores do Marbella FC Categoría:Xogadores da UD Almería Categoría:Xogadores do SD Eibar