Jon Bilbao Lopategui, nado en Ribadesella, Asturias, en 1972, é un enxeñeiro e escritor español.

Traxectoria Enxeñeiro de minas pola Universidade de Oviedo e tamén licenciado en Filoloxía inglesa. En 2005 participou no libro Ficcións, recompilación de relatos de varios autores publicada pola editorial Edaf en colaboración coa Asociación Colexial de Escritores (ACE). Nese mesmo ano recibiu o premio Asturias Joven, na súa modalidade de narrativa, polo libro 3 relatos, publicado en 2006 pola editorial Nobel. É autor tamén das biografías destinadas ao público infantil: Leonardo da Vinci, el inventor, Henry Stanley, el explorador (El Rompecabezas, 2006), Shakespeare, el maestro del teatro (El Rompecabezas, 2007) e Lewis y Clark la conquista del oeste (El Rompecabezas, 2008).

A comezos de 2008 publicou a súa primeira novela El hermano de las moscas (Ed. Salto de Página). A finais dese mesmo ano publicou o libro de relatos Como una historia de terror (Salto de Página). Con este libro obtivo o premio "Ollo Crítico de Narrativa 2008" que concede Radio Nacional de España. En 2010 publicou o seu segundo libro de contos, Bajo el influjo del cometa (Salto de Página), co que gañou o Premio Tigre Juan.

A súa segunda novela foi Padres, hijos y primates (Salto de Página, 2011). En 2013 publicou a novela Shakespeare y la ballena blanca (Tusquets, 2013), na que recrea unha suposta viaxe de William Shakespeare a Dinamarca e na que homenaxea a Moby Dick de Herman Melville. En 2016 empezou a publicar o seu traballo na editorial Impedimenta, selo editorial no que apareceu a súa colección de contos Estrómboli. En 2018 publicou tres novelas curtas co título conxunto de El silencio y los crujidos (Impedimenta, 2018). Posteriormente, publicou Basilisco, tamén en Editorial Impedimenta, unha novela western con toques metaliterarios que inicia a serie de novelas baseadas no aventureiro John Dunbar, o cal obtivo un grande éxito de público e crítica e converteuse nun dos seus libros máis aclamados. En 2021 publicou a nouvelle Los estraños (Editorial Impedimenta). En 2023 retomou o personaxe de John Dunbar na novela Araña para pechar a serie en 2024 co título Matamonstruos. miniatura|Con Gemma Ruiz i Palà nas Afinidades electivas, Libraría Paz de Pontevedra, 2025 Leva anos residindo en Bilbao, onde traballa como guionista de televisión, tradutor e redactor de textos. En 2025 participou en Pontevedra nas Afinidades electivas.

Obra Novela El hermano de las moscas (2008). Salto de Página Padres, hijos y primates (2011). Salto de Página Shakespeare y la ballena blanca (2013). Tusquets. El silencio y los crujidos (2018). Editorial Impedimenta. Basilisco (2020). Editorial Impedimenta. Araña (2023). Editorial Impedimenta. Matamonstruos (2024). Editorial Impedimenta.

Novela curta Los extraños (2021). Editorial Impedimenta.

Relatos 3 relatos (Nobel, 2006) Como una historia de terror (2008). Salto de Página. Bajo el influjo del cometa (2010). Salto de Página. Física familiar (2014). Salto de Página. Estrómboli (2016). Editorial Impedimenta.

Premios e galardóns 2005: Premio Asturias joven, xunto a José Ángel Gayol. Convocado pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Asturias para menores de 35 anos. 2007: Gañador do XXXVI Concurso de Contos Ignacio Aldecoa polo relato «Calor». 2008: Premio Ollo Crítico de Narrativa por Como unna historia de terror. 2010: Premio Tigre Juan por Bajo el influjo del cometa 2011: Premio Euskadi de Literatura por Bajo el influjo del cometa 2020: Premio das librarías de Navarra por Basilisco. 2021: Premio á mellor obra orixinal en castelán 2021 - Festival de Xéneros Fantásticos de Barcelona 42. 2021: Premio Euskadi de Prata 2021 - Gremio de Libreiros de Guipúzcoa.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista a Jon Bilbao nO Comercio Dixital Jon Bilbao, Premio Ollo Crítico de Narrativa Perfil de Jon Bilbao en Editorial Impedimenta

Categoría:Escritores de Asturias Categoría:Nados en Ribeseya Categoría:Nados en 1872 Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Novelistas de España