El Pequeño Escolar foi un quincenal publicado entre o 1 de febreiro e o 1 de xuño de 1935 fundamentalmente en base a textos de escolares da Mariña lucense.

Historia e características Impulsado principalmente por Gregorio Sanz. Tiña o domicilio en San Miguel de Reinante. De catro páxinas, o seu prezo de venda ó público era de 10 céntimos. Impreso na imprenta de Las Riberas del Eo de Ribadeo, tiña unha tirada de 1 000 exemplares e un custe de impresión e administración, incluídos remanentes para actividades, de 60 pesetas. A súa redacción era en castelán, salvo citas. Admitía tamén artigos de exalumnos, cun espazo limitado.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo

Categoría:Xornais escolares Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:Prensa escrita de Ribadeo