Getaria (en eusquera) / Guéthary (en francés) é un Concello do litoral francés de Iparralde, na provincia dos Pireneos Atlánticos (Nova Aquitania). Tiña unha poboación en 2022 de 1315 habitantes en 1,4 km². Limita ó norte con Bidart / Bidarte e ó sur con Saint-Jean-de-Luz (Donibane Loizune).

Xeografía

Hidrografía A comuna é drenada polo Baldareta e dous pequenos regatos, cunha lonxitude total de 1 km.

Transportes

Estradas Está atravesada pola RD 810 (antiga nacional 10). que conduce ó sur cara San Xoán de Luz e Hendaia, e ó norte cara Bidarte e Baiona.

Autoestrada Está atravesada pola A63, mais sen conexión no concello.

Transporte ferroviario A estación está na liña de Bordeos a Irún. Acolle paradas de trens TER Nova-Aquitania cara Bordeos, Dax ou Baiona ó norte e Hendaia ó sur.

Historia

Antigüidade A descuberta en 1984, en zona próxima á estación de ferrocarril, de vestixios dunha fábrica de garum e salgados testemuña de presenza humana dende o 1º século, así como da importancia dos recursos mariños naquel entón. Asemade, foi atopado un epitafio en latín na contorna de dita fábrica no 1988.

Século XX O ano 1905 lembrou moitos incidentes no seo do consello municipal, mesmo demandando a vixilancia das forzas de orde público. A oposición, que rexeitaba todas as propostas do alcalde e reclamaba a disolución do consistorio obtivo o que quería por decreto en 1906, pasando a ser os antes opositores alcalde e adxunto.

Cultura Biblioteca A biblioteca (Mediateca Norda) ocupa un pequeno edificio á beira da estación de ferrocarril. Ten (2025) uns 2000 volumes nunha única sala, sendo a máis pequena das mediatecas da Rhune.En conversa con Catherine, bibliotecaria, 1/10/2025.Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria O local for renovado, rematando as obras en xaneiro de 2025 e tomando o nome de Norda en honra de André Auguste Hontaas, alcumado Norda.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Colectivo, Guéthary, Ekaina, 1991, 315 px.

Categoría:Concellos do departamento dos Pireneos Atlánticos