Pere Estupinyà Giné, nado en Tortosa o 17 de outubro de 1974, é un químico e bioquímico catalán coñecido polo seu labor de comunicador científico a través de libros de divulgación, conferencias e programas televisivos.

Traxectoria Nado en Tortosa, estudou na Universidade Rovira i Virgili, onde se licenciou en Química e tamén en Bioquímica. Ten un mestrado en Nutrición e Metabolismo e un doutoramento incompleto en Xenética que abandonou para dedicarse á divulgación científica.Entrevista a Pere en Jot Down 10/10/2016

Traballou no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), nos Institutos Nacionais de Saúde (NIH) dos Estados Unidos e o Banco Interamericano de Desenvolvemento (BID).«Pere Estupinyà, comunicador científico: "El reto no es que el público se acerque a la ciencia, sino al revés"», nota da axencia EFE reproducida en El Mostrador, 18.04.2017; consultado o mesmo día

En 2010 escribiu o seu primeiro libro, El ladrón de cerebros. Compartiendo el conocimiento científico de las mentes más brillantes, e dende entón publicou varios outros de divulgación.

Debutou na televisión en 2014 presentando un documental para TV3 titulado Inversió de Futur.Inversió de FuturDocumental Inversió de futur, 10/10/2016 En 2015 produciu e presentou 13 capítulos da serie El ladrón de cerebros en Ecuador,El ladrón de cerebros en Ecuador, 10/10/2016 e ao ano seguinte desenvolveu, xunto coa produtora Minifilms, El cazador de cerebros, para TVE, que dirixiu e presentou con continuidade en La 2, polo menos, até 2024. En xuño dese ano o programa chegou aos 100 episodios.El cazador de cerebros comienza en La 2, 07/09/2016

Dende setembro de 2016 participa no programa radiofónico A vivir que son dos días da Cadena SER.Pere colabora con el programa A Vivir de Cadena SER 10/10/2016

En 2024 obtén o Premio CSIC-Fundación BBVA de Comunicación Científica por introducir “novas formas de levar a ciencia a todos os públicos, por televisión, radio e libros, mantendo o rigor e cun alto impacto".

Libros El ladrón de cerebros. Compartiendo el conocimiento científico de las mentes más brillantes (Debate, 2010) Rascar donde no pica (Debate, 2012) El sexo en la consulta médica (Debate, 2013) S=EX2. La ciencia del sexo (Debate, 2013) El ladrón de cerebros. Comer cerezas con los ojos cerrados (Debate, 2016) A vivir la ciencia. Las pasiones que despierta el conocimiento (Debate, 2020) ISBN 978-84-18006-58-6 Ciencia sin ficción (capítulo) (Debate, 2019) ISBN 978-84-9992-980-4 Mitos y ciencia (en coautoría con Blanca Torres) (La Galera, 2022) ISBN 978-84-246-7358-1 La ciencia del sexo (versión abreviada e actualizada) (Debate, 2023) ISBN 978-84-19642-15-8

Notas

Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Tortosa Categoría:Bioquímicos de España Categoría:Alumnos da Universidade Rovira i Virgili Categoría:Presentadores de televisión de España Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua castelá