José Francisco Pedrosa Montenegro e Aguiar nada en Galdo (Viveiro) en 1762 e finado no desterro nas Illas Canarias en 1811, foi un intelectual galego.
Traxectoria Estudou no convento de San Francisco de Viveiro e a partir de 1777 na Universidade de Santiago de Compostela, onde foi colexial do Colexio de Fonseca a partir de 1783. Doutor en Leis e en Canons, realizou diversas substitucións de cátedras.
En 1792 foi proposto pola Universidade de Santiago ó Consello de Castela como bibliotecario maior, non sendo nomeado ata 1794. Como bibliotecario redactou diversos catálogos da Biblioteca da Universidade (de manuscritos, fondos xerais, libros prohibidos), conservados hoxe na súa maior parte no Arquivo da Universidade.
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1761 Categoría:Finados en 1811 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Bibliotecarios