Russell Alphonse Rulau, nado en Chicago, Illinois, o 21 de setembro de 1925 e finado en Iola, Wisconsin, o 12 de novembro de 2012, foi un numismático estadounidense.

Rulau abordou a numismática como coleccionista, escritor, editor e promotor de entidades sociais.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Russell Rulau naceu en Chicago o 21 de setembro de 1925, fillo de Ruth Terine Thorsen e de Alphonse Rulau, e pasou a súa infancia durante a Gran Depresión en Milwaukee, Wisconsin. Alí cursou a súa educación secundaria, da que se graduou en 1944 na Bay View High School."Russell Alphonse Rulau". Voiefuneralhome.com

Carreira militar Ao facer os 18 anos, alistouse como voluntario no Exército dos Estados Unidos en Fort Sheridan, Illinois, e pasou ano e medio de adestramento en Infantaría en Camp Fannin, Texas, logo do cal foi destinado ao Pacífico en plena segunda guerra mundial, onde permaneceu ata xullo de 1947.

De volta nos Estados Unidos, foi asignado como sarxento recrutador do exército en Milwakee ata 1950. O 28 de abril dese ano incorporouse á reserva da Forza Aérea dos EEUU, e no mes de outubro foi chamado para participar na Guerra de Corea. Rulau permaneceu en activo na Forza Aérea ata o 17 de decembro de 1962,Smith, P. (2012). con destinos no seu país e en Alemaña, e logo pasou novamente á reserva, ata o 2 de maio de 1973, cando se retirou co rango de sarxento maior.

Carreira como numismático A partir da súa retirada do servizo activo en 1962, Rulau comezou a dedicarse con intensidade á que ata entón fora unha afección: a numismática. Ingresou como redactor na editora Amos Press, de Sidney, Ohio, e aos nove meses converteuse en editor da revista World Coins, e máis adiante de Numismatic Scrapbook Magazine. En abril de 1974 incorporouse á compañía Krause Publications como editor de xornais, entre eles Bank Note Reporter e World Coins News.Harper, D. (2012). Esta etapa finalizou en 1984, cando se xubilou, e a partir de entón continuou dedicándose ao mundo editorial e da consultoría numismática de xeito autónomo.

En 1985 foi nomeado vicepresidente e representante nos Estados Unidos da ceca privada inglesa Pobjoy Mint, cargo que ocupou ata decembro de 1998.

En 1973 formou parte da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos. Entre 1974 e 1978 foi o director do Numismatic Literary Guild (NLG). Foi un dos creadores do premio Moeda do Ano en 1982, outorgado por Krause Publications, e a el atribúeselle a creación do termo "exonumia" para se referir ao coleccionismo de obxectos relacionados coa moeda."TAMS Frequently Asked Questions". Tokenandmedal.org

Rulau considérase unha das máximas autoridades en materia de fichas comerciais (tokens) estadounidenses e de Hispanoamérica. En 2006 colaborou novamente con Krause Publications como autor dun catálogo en liña de todos os tokens estadounidenses emitidos desde 1700 ata 1990.

Rulau foi un dos fundadores da Token and Medal Society (TAMS) e editor do xornal desta entidade entre 1962 e 1963. En 1999 ingresou na American Numismatic Society.

Carreira política Russell Rulau foi membro do Partido Republicano dos Estados Unidos desde a súa xuventude. Aínda que non chegou a exercer cargos institucionais, foi vicepresidente dese partido no condado de Waupaca entre 1977 e 1979, e presidente entre 1979 e 1982, e terceiro vicepresidente do Partido Republicano de Wisconsin entre 1981 e 1983.

Vida persoal Rulau casou o 1 de febreiro de 1968 con Hazel Darlene Grizzell (finada en 2008), con quen tivo 9 fillos.

Russell Alphonse Rulau finou na súa residencia de Iola, Wisconsin, o 12 de novembro de 2012. As súas cinsas foron depositadas no cemiterio Central Wisconsin Veterans Memorial de King, Wisconsin.

Recoñecementos

1982, 1983, 1992: Premio Literario da Token and Medal Society."TAMS Literary Award". Tokenandmedal.org 1993: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild (NLG)."The Clemy Award ". Numismatic Literary Guild (NLGonline.org). 1994: Premio Glenn Smedley Memorial, da American Numismatic Association (ANA)."ANA Past Award Recipients". American Numismatic Association. 1995: Medalla ao Mérito da ANA. 1995: Premio Embaixador Numismático, de Florida United Numismatists (FUN)."Numismatic Ambassador Award Winners". Florida United Numismatists (FUN). 2000: Medalla á Traxectoria da ANA."ANA Honors Krause Publications and Russell Rulau for Lifetime Achievement". American Numismatic Association (Money.org).

Publicacións Russell Rulau foi autor de 17 traballos monográficos, dedicados a diversos temas relacionados coa numismática e outros coleccionismos afíns. Estes son algúns dos máis destacados:"Russell Alphonse Rulau". Numista.com (1972). American Game Counters (con G. Fuld). Suplemento de TAMS Journal. (1981). Early American Tokens. Krause Publications. ISBN 9780873410595 (1981). Hard times Tokens. Krause Publications. ISBN 978-0873410571 (1982). U.S. Merchant Tokens 1845-1860. Krause Publications. ISBN 9780873410830 (1983). United States Trade Tokens 1866-1989. Krause Publications. ISBN 978-0873410359 (1985). Medallic Portraits of George Washington (con G. Fuld). Krause Publications. ISBN 978-0873410793 (1987). Tokens of the Gay Ninties 1890-1900. Krause Publications. ISBN 978-0873410977 (1989). Discovering America The Coin Collecting Connection. Krause Publications. ISBN 9780873411295 (1992). Latin American Tokens. Krause Publications. ISBN 9780873412001 Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Harper, D. (2012). "Rulau happy to go where hobby led". En Numismatic News. 16 de novembro. Smith, P. (2012). "Rulau, Russell (Alphonse)". En American Numismatic Biographies. Páxina 373.

Ligazóns externas

Corepondencia entre Russell Rulau e Erik P. Newman

Categoría:Nados en 1926 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Militares dos Estados Unidos de América Categoría:Militares da segunda guerra mundial Categoría:Escritores de non ficción Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Coleccionistas Categoría:Editores Categoría:Personalidades sen imaxes