Neil J. Shafer, nado en Chicago, Illinois, o 24 de abril de 1933 e finado en Fox Point, Wisconsin, o 25 de agosto de 2023,Smith, P. (2012). foi un numismático, autor e editor estadounidense especializado no papel moeda dos Estados Unidos e na numismática das illas Filipinas. Traxectoria

Primeiros anos e formación Shafer introduciuse sendo un neno no mundo da numismática como coleccionista de moedas, e en 1945 comezou a interesarse polo papel moeda, cando aos seus 12 anos lle regalaron un billete confederado en Chicago.

Cursou os seus estudos de secundaria na Roosevelt High School de Chicago."Obituaries, October 2023". Jewishchronicle.org. Logo asistiu á Universidade Estatal de Arizona, onde se graduou en 1955, e posteriormente acadou un mestrado na Universidade Católica de Washington.

Entre 1955 e 1959 serviu na Forza Aérea dos Estados Unidos, e nese período tocou na banda da Forza Aérea en Washington,"Neil Shafer". Society of Paper Money Collectors (SPMC.org). unha habilidade que retomaría anos máis tarde cando foi director asistente da Orquestra Sinfónica de Racine, entre 1963 e 1972.

Entre 1959 e 1962 exerceu como mestre de educación primaria.

Carreira como numismático Shafer comezou a súa traxectoria profesional no mundo editorial en 1962, traballando para Western Publishing Company como editor numismático ata 1975 como editor xeral desde 1976 ata 1981, cando foi contratado pola editora Krause Publications, á que estivo vinculado desde 1981 ata 1985.

Ademais editou a revista Middle Atlantic Numismatic Association Journal en 1957 e foi editor asociado da revista Whitman Numismatic Journal de 1964 a 1968. En 1986 foi nomeado editor xefe da efémera revista New England Journal of Numismatics.

Shafer encargouse de varias columnas en publicacións numismáticas ao longo da súa carreira, entre elas as tituladas "Paper Money News and Views" na revista Bank Note Reporter e "Paper Views" en Numismatic News. Tamén escribiu un artigo mensual en Bank Note Reporter a partir de 1987. A estas colaboracións cómpre engadirlle a publicación de varios catálogos monográficos centrados en diversos aspectos da notafilia estadounidense, que foron considerados como unha referencia ata os nosos días.

Ademais da súa dedicación ao estudo do papel moeda estadounidense, Neil Shefer foi tamén considerado unha autoridade na numismática filipina, materia sobre a que tamén publicou varios libros nas décadas de 1960 e de 1970. En particular coleccionou e investigou acerca dos vales de comida do exército estadounidense no campo de internamento de San Tomé en Manila."More on Neil Shafer". En The E-Sylum. Vol. 26. Nº 37. 10 de setembro de 2023.

Entre outras entidades eruditas e sociais, Shafer foi membro vitalicio da Sociedade Numismática de Milwaukee, que tomou o seu nome para o seu premio aos servizos distinguidos."The Neil Shafer Distinguished Service Award". Milwaukeenumismaticsociety.org Igualmente, foi un membro destacado da American Numismatic Association, e durante moitos anos impartiu clases nos seus seminarios de verán.Orzano, M. (2014). "Neil Shafer recipient of 2014 Farran Zerbe Memorial Award". En Coin World. 31 de xullo. Tamén foi membro da sección de Milwaukee Midwest da International Bank Note Society,"Neil Shafer (2020)". International Bank Note Society (Theibns.org). e membro da Numismatic and Antiquarian Society.

Logo do seu falecemento, a MPC Fest, unha organización dedicada ao coleccionismo de certificados de pagamento militar, creou o Premio Nacional Neil Shafer á Numismática Militar, que se entrega ao gañador do seu concurso de preguntas e respostas.Friedberg, A. L. (2023). "MPC Fest returns, with a new 'National Champion' award". En Coin World. 19 de marzo.

Vida persoal Shafer casou o 7 de xuño de 1964 con Edith Oelsner, con quen tivo dous fillos, chamados Joel e Dan, e unha filla chamada Debbie. Un deles, Joel Shafer, dirixe as poxas mundiais de papel moeda da compañía Lyn Knight.

Neil Shafer faleceu o 25 de agosto de 2023,"Neil Shafer - A Sad Loss to the Community". Numismatic Guaranty Corporation (Ngccoin.com)."Neil Shafer (1933-2023)". En International Bank Note Society Journal. Vol. 62. Nº 3. 2023. Páxina 2. e está soterrado no cemiterio Second Home de Greenfield, Wisconsin."Neil Shafer". Goodmanbensman.com

Recoñecementos

1967: Nathan Gold Memorial Award, da Society of Paper Money Collectors.Coin World. Vol. 8. Nº 372. 31 de maio de 1967. 1989: Premio Elston G. Bradfield, da Central States Numismatic Society. 1990: Medalla ao Mérito da American Numismatic Association (ANA)."Past ANA Service Awards Recipients". American Numismatic Association (ANA). 1992: Premio Embaixador Numismático, de Florida United Numismatists (FUN)."Numismatic Ambassador Award Winners". Florida United Numismatists (FUN). 2004: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild (NLG)."The Clemy Award ". Numismatic Literary Guild (NLGonline.org). 2007: Medalla á Traxectoria da ANA. 2008: Incluído no Salón da Fama da ANA."Past Numismatic Hall of Fame Inductees". American Numismatic Assiciation (Money.org). 2014: Farran Zerbe Memorial, da ANA."Neil Shafer awarded 2014 Farran Zerbe Memorial Award". American Numismatic Association (Money.org). 2018: Incluído no Salón da Fama da Society of Paper Money Collectors."Hall of Fame". Society of Paper Money Collectors (SPMC.org).

Publicacións Papel moeda estadounidense (1965). A Guide Book of Modern United States Currency (oito edicións ata 1979). Whitman Publishing, Racine.

(1976). Let's Collect Paper Money. (1984). Standard Catalog of Depression Scrip of the United States (con R. A. Mitchell). Krause Publications. (1990). Banknotes, Scrip and Paper Ephemera of Milwaukee. Olympic Speed Printing, Milwaukee. (1992). The Wonderful World of Paper Money!. Professional Currency Dealers Association. ISBN 978-0931960338 (2013). Panic Scrip of 1893, 1907 and 1914. An Illustrated Catalog of Emergency Monetary Issues (con T. Sheehan). McFarland & Co. ISBN 978-0786475773

Numismática filipina (1961). United States Territorial Coinage For the Philippine Islands. Whitman Publishing. (1964). A Guide Book of Philippine Money. Whitman Publishing, Racine. (1974). Philippine Emergency and Guerrilla Currency of World War II. Western Pub. [2ª ed.: Bod Third Party Titles, 2023 (con M. Voigt e K. Berger). ISBN 9783384057556 "New book: Philippine Emergency Currency 2nd Ed.". En The E-Sylum. Vol. 27. Nº 18. 2024.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Smith, P. (2012). "Shafer, Neil". En American Numismatic Biographies. Páxina 389.

Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2023 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Coleccionistas Categoría:Editores Categoría:Alumnos da Universidade Estatal de Arizona Categoría:Alumnos da Universidade Católica de América Categoría:Personalidades sen imaxes