A escala de Kinsey é un instrumento de investigación empregado para describir a orientación sexual dunha persoa en base ás súas experiencias ou respostas nun momento concreto. Adoita usar un rango de 0 a 6, onde o 0 significa "unicamente heterosexual" e o 6 "unicamente homosexual". Nos volumes tanto masculinos coma femininos dos Informes Kinsey engádese unha variable adicional, X, que indica "sen condutas ou reaccións sociosexuais" (asexualidade). O primeiro destes informes publicouse en 1948 co título Sexual Behavior in the Human Male (en ), obra de Alfred Kinsey e Wardell Pomeroy, entre outras persoas. Posteriormente editouse un volume complementario, Sexual Behavior in the Human Female (en ), de 1953.
Historia Alfred Kinsey, o creador da escala, é coñecido como "o pai da revolución sexual". A escala foi desenvolvida para demostrar que a sexualidade non encaixa en dúas categorías estritas: homosexual e heterosexual. Pola contra, Kinsey pensaba que a sexualidade é fluída e suxeita a mudanzas ao longo do tempo.
No canto de empregar etiquetas socioculturais, Kinsey usou principalmente avaliacións do comportamento para situar aos individuos na súa escala. A primeira versión contaba con trinta categorías que representaban cadanseu caso de estudo, mais a escala final limitouse a sete categorías. En total, realizáronse máis de 8.000 entrevistas durante a investigación.
Ao introducir a súa escala, Kinsey afirmou:
Descrición da escala A escala de Kinsey ten un rango entre o 0, que se corresponde con aquelas persoas que só manifestan desexos ou experiencias sexuais respecto do sexo oposto, e o 6 para aquelas que só teñen desexos ou experiencias sexuais con individuos do mesmo sexo. Os valores entre o 1 e o 5 correspóndense con diferentes niveis de desexo ou experiencias cara a ambos os sexos, incluíndo desexos de actividade sexual "incidentais" ou "ocasionais" con persoas do mesmo sexo. Non fai referencia á autoidentificación como heterosexual, bisexual ou homosexual.
ValorDescrición0Exclusivamente heterosexual1Predominantemente heterosexual, só incidentalmente homosexual2Predominantemente heterosexual, pero máis ca incidentalmente homosexual3Igualmente heterosexual e homosexual4Predominantemente homosexual, pero máis ca incidentalmente heterosexual5Predominantemente homosexual, só incidentalmente heterosexual6Exclusivamente homosexualXSen contactos ou reaccións sociosexuais
Kinsey recoñeceu que as sete categorías da escala non poden reflectir na súa totalidade a sexualidade de cada individuo. Neste sentido, destacou a importancia de recoñecer que "a realidade inclúe individuos de cada tipo intermedio, situados nun continuo entre dous extremos e entre todas e cada unha das categorías da escala". Malia que os sociólogos Martin S. Weinberg e Collin J. Williams afirmaron que, en principio, as persoas asignadas cun valor entre o 1 e o 5 poderían ser consideradas bisexuais,, Kinsey afastouse do uso do termo bisexual para describir aos individuos que manteñen actividades sexuais con homes e mulleres, preferindo empregalo no seu sentido biolóxico tradicional (é dicir, como equivalente de hermafrodita). Así, sinalou que "até que se demostre que as preferencias nas relacións sexuais dependen da posesión de estruturas anatómicas ou capacidades fisiolóxicas masculinas e femininas nestes individuos, é un desatino chamalos bisexuais".
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Asexualidade Categoría:Sexoloxía Categoría:Escalas Categoría:Homosexualidade Categoría:Heterosexualidade Categoría:Bisexualidade