4 peniquesRaíña Ana (1702-1714)"4 Pence - Anne". Numista.com120x120px120x120pxA/: Busto drapeado e sen coroa de Ana cara á esquerda, con lenda arredor. Lenda: ANNA · DEI · GRATIA·R/: Valor facial no centro, con coroa enriba; data e lenda arredor. Lenda: MAG · BRI · FR · ET · HIB · REG Datas: 1729-1760. Ceca: Royal Mint, Londres. Gravador: John Croker. Aliaxe: prata (925 ‰). Diámetro: 19,00 mm. Peso: 2,00 g.
A moeda de 4 peniques británicos, tamén coñecida como groat, é unha moeda de prata británica co valor de 1⁄60 dunha libra ou 1⁄3 dun xilin. É unha continuación da anterior serie inglesa de groats, que se cuñara de xeito intermitente e co mesmo valor desde finais do século XIII ata a Lei de Unión de 1707.
Os 4 peniques británicos cuñáronse ao longo do século XVIII, aínda que en 1800 se emitía non para a súa circulación senón principalmente para ser entregado como esmola cerimonial no servizo real do Xoves Santo —o que se coñece como Royal Maundy—. En 1836 retomouse como moeda circulante, cando a Real Casa da Moeda de Londres tratou de encher o baleiro existente entre as moedas dun penique a de 6 peniques. Elixiuse daquela o valor de 4 peniques a instancias do político Joseph Hume, quen sinalou que 4 peniques era o prezo cas carruaxes de alugueiro para traxectos curtos. A nova moeda non acadou, con todo, un bo acollemento entre os condutores desas carruaxes, xa que antes adoitaban recibir 6 peniques sen que se lles pedise a volta. Ademais, coa reintrodución desta moeda tamén se produciu unha confusión xeral entre ela e a de 6 peniques, por mor da súa semellanza.
En 1845, a Royal Mint comezou a cuñar a moeda de 3 peniques para a súa circulación en Gran Bretaña. Tiña o mesmo diámetro que a de 4 peniques, aínda que era máis fina, e a nova moeda de 3 peniques resultou máis popular, o que provocou que as derradeiras moedas de 4 peniques destinadas á circulación en Gran Bretaña se cuñasen en 1855. No entanto, a derradeira emisión de moedas de 4 peniques, que estaban daquela destinadas unicamente ao seu uso na Güiana Británica, data de 1888.
Orixes no groat inglés miniatura|Groat, ou 4 peniques ingleses, de Eduardo III (1327-1377)."1 Groat - Edward III". Numista.com O 4 peniques, ou groat —do francés gros ou do italiano grosso, que significa "grande" ou "groso"— foi cuñado por primeira vez arredor de 1279 por Eduardo I de Inglaterra (1272-1307) formando parte das súas reformas monetarias, como a moeda de prata meirande que podía utilizarse no comercio exterior. Malia resultar daquela impopular, xa que os comerciantes preferían o pagamento en peniques de prata —o groat pesaba menos que catro das moedas máis pequenas—, foi reintroducido con éxito por Eduardo III (1327-1377) e cuñado pola maioría dos monarcas posteriores ata a raíña Vitoria (1837-1901).Lobel, R. (1999) . Páxina 259.
A partir da restauración de Carlos II (1660-1685) en 1660, as moedas inglesas, incluído o groat, cuñábanse xeralmente a máquina. Todos os groats datados en 1689 ou despois levaban un número 4 coroado que os identificaba como pezas pertencentes ao Royal Maundy, e xa que logo, non eran pezas circulantes, senón que se vendían en xogos de catro pezas xunto co penique de prata, os dous peniques e os 3 peniques de cada ano. Isto facíase a pesar de que o groat non se utilizou nunca como parte das distribucións benéficas do Royal Maundy ata o reinado de Xurxo III (1760-1820). Antes diso, só se utilizaban o penique de prata e, ocasionalmente, os dous peniques.Lobel, R. (1999) . Páxina 553. Emisións por monarcas
Ana (1702-1714) As Leis de Unión de 1707 uniron os reinos de Inglaterra e Escocia nunha soa nación.Spink (2022). Páxina 404. Segundo Peter Seaby na súa historia das moedas británicas, «a cuñaxe de moeda pódese dividir en emisións anteriores e posteriores á Unión».Seaby, P. (1985). Páxina 32.
O reino de Gran Bretaña, por mor das disposicións das Leis de Unión, debía deixar sen uso as moedas escocesas anteriores e utilizar unicamente moedas de tipo inglés en todo o reino,Seaby, P. (1985). Páxina 219. e os seus primeiros groats cuñáronse en 1708, continuando a serie de moedas inglesas que representaban a raíña Ana, que comezara en 1703.Lobel, R. (1999) . Páxinas 418, 554.
Estas peimeiras moedas foron deseñadas por John Croker ou o seu axudante Samuel Bull, e representaban un busto de Ana ollando cara á esquerda no anverso, coa inscrición ANNA DEI GRATIA ("Ana pola graza de Deus...) e no reverso un gran número 4 coroado, a data e a inscrición MAG BR FR ET HIB REG (abreviatura de «... Raíña de Gran Bretaña, Francia e Irlanda»). A moeda de 4 peniques cuñouse de novo en 1709 e, posteriormente, cun 4 meirande, en 1710 e en 1713.
Xurxo I (1714-1727)"4 Pence - George I". Numista.com289x289pxA/: Busto drapeado e laureado de Xurxo I cara á dereita, con lenda arredor. Lenda: GEORGIVS · DEI · GRA ·R/: Valor facial no centro, con coroa enriba; data e lenda arredor. Lenda: MAG · BRI · FR · ET · HIB · REX · Datas: 1717-1727. Ceca: Royal Mint, Londres. Gravador: John Croker. Aliaxe: prata (925 ‰). Diámetro: 19,00 mm. Peso: 2,00 g.
Xurxo I (1714-1727) Croker ou Bull, ou ambos xuntos, encargáronse tamén do deseño da moeda de 4 peniques para Xurxo I, aínda que é posible que Johann Rudolph Ochs pai, deseñase o reverso.Lobel, R. (1999) . Páxinas 554-555.
Estas moedas cuñáronse coas datas 1717, 1721, 1723 e 1727, e no anverso aparecía a cabeza do rei Xurxo ollando cara á dereita coa inscrición GEORGIUS DEI GRA (abreviatura de «Xurxo pola graza de Deus»...). No reverso aparecía o número 4 coroado coa data e a inscrición MAG BRI FR ET HIB REX (abreviatura de «... Rei de Gran Bretaña, Francia e Irlanda»).
De xeito diferente ás moedas de prata de maior tamaño, a de 4 peniques non mencionaba os títulos hannoverianos de Xurxo, probablemente debido ao pequeno tamaño da moeda.
Xurxo II (1727-1760) Xurxo II (1727-1760)"4 Pence - George II". Numista.com120x120px120x120pxA/: Busto drapeado e laureado de Xurxo II cara á esquerda, con lenda arredor. Lenda: GEORGIVS · II · DEI · GRA ·R/: Valor facial no centro, con coroa enriba; data e lenda arredor. Lenda: MAG · BRI · FR · ET · HIB · REG Datas: 1729-1760. Ceca: Royal Mint, Londres. Gravador: John Croker. Aliaxe: prata (925 ‰). Diámetro: 19,00 mm. Peso: 2,00 g.
A moeda de 4 peniques de Xurxo II tamén foi deseñada por Croker, e amosaba un busto do monarca ollando cara á esquerda, con inscricións idénticas ás do reinado anterior, agás polo número romano II engadido despois de GEORGIUS.Lobel, R. (1999) . Páxina 555.
Aínda que as moedas de maior valor pasaron en 1743 a levar un novo retrato creado por John Sigismund Tanner, o feito de que a de 4 peniques se cuñase con pouca frecuencia fixo que se mantivese o deseño anterior, que mesmo se seguiu a cuñar en 1760, ano do falecemento de Xurxo, a pesar de que as derradeiras moedas de prata deseñadas por Tanner se cuñaron en 1758.
Xurxo III (1760-1820) Os 4 peniques de Xurxo III levan inscricións similares ás do seu predecesor, só que se cambiou o número de reinado no anverso, onde aparece un busto do rei ollando agora cara á dereita. Cuñada con pouca frecuencia durante o reinado de Xurxo III, o anverso da súa moeda de 4 peniques presenta tres deseños diferentes.Lobel, R. (1999) . Páxinas 555-556.
O primeiro modelo, cuñado entre 1763 e 1786, puido ser obra de Richard Yeo e sufriu lixeiras modificacións no reverso en 1784 e 1786."4 Pence - George III (1763-1786)". Numista.com
O segundo ten un busto modificado do rei Xurxo, creado por Lewis Pingo, e un número 4 estreito, o que lle valeu o alcume de «moeda de arame». Este modelo só se cuñou coa data de 1792;"4 Pence - George III (1792)". Numista.com as emisións de 1795 e 1800 son similares ás moedas de 1786, aínda que cunha coroa moi diferente."4 Pence - George III (1795-1800)". Numista.com
No terceiro anverso, obra de Benedetto Pistrucci en 1817, trasladouse a data ao anverso e cambiouse a lenda do reverso a BRITANNIARUM REX FID DEF (... "Rei dos británicos, defensor da fe")."4 Pence - George III (1817-1820)". Numista.com
Xurxo III (1760-1820)120x120px120x120pxA/: Busto vello e drapeado de Xurxo III cara á dereita, con lenda arredor. Lenda: GEORGIVS · III · DEI · GRATIA ·R/: Valor facial no centro, con coroa enriba; data e lenda arredor. Lenda: MAG · BRI · FR · ET · HIB · REX Data: 1795-1800. Ceca: Royal Mint, Londres. Gravador: Lewis Pingo. Aliaxe: prata (925 ‰). Diámetro: 19,00 mm. Peso: 2,00 g.
As pezas de Xurxo III de data posterior adoitan acharse en mellor estado de conservación, polo que é probable que se teñan usado unicamente para as cerimonias reais do Xoves Santo, igual que todas as moedas de 4 peniques posteriores cun 4 coroado, aínda que algunhas delas chegaron a entrar en circulación logo de seren entregadas aos seus destinatarios o Xoves Santo.
Guillerme IV (1830-1837)
Na década de 1830, a Real Casa da Moeda determinou os cambios que cumprían no sistema monetario, que viñera sufrindo modificacións importantes a partir da Gran Recuñaxe de 1816. Naquel momento non existía ningunha moeda destinada á circulación no Reino Unido entre a dun penique e a de 6 peniques, e aumentar a circulación dunha das denominacións cuñadas como diñeiro do Royal Maundy semellaba unha solución obvia.Craig, J. (2010) . Páxina 311.
Guillerme IV (1830-1837)"4 Pence - William IV". Numista.com120x120px120x120pxA/: Busto espido de Guillerme IV cara á dereita, con lenda arredor. Lenda: GULIELMUS IIII D : G : BRITANNIAR : REX F : D :R/: Valor facial no centro, con coroa enriba; data e valor facial en letra arredor. Lenda: FOUR PENCE Data: 1836-1837 Ceca: Royal Mint, Londres. Gravador: William Wyon. Aliaxe: prata (925 ‰). Diámetro: 16,00 mm. Peso: 1,89 g.
Joseph Hume, deputado por Middlesex, avogou por que se emitise a moeda de 4 peniques non só para uso cerimonial senón tamén para a súa posta en circulación.Lobel, R. (1999) . Páxina 559. A Royal Mint estivo de acordo en que se emitise ese valor, afirmando que non era demasiado pequeno, que facilitaría os pagamentos entre 6 peniques e un xilin (doce peniques) e mesmo que podería provocar unha baixada dos prezos.Dyer, G. P.; Gaspar, P. P. (1992). Páxina 487.
Así as cousas, o rei Guillerme IV emitiu un decreto polo que a nova moeda de 4 peniques pasaba a ser de curso legal, o 3 de febreiro de 1836."Nº 19353". The London Gazette. 5 de febreiro de 1836. Páxina 223. A nova moeda foi deseñada por William Wyon, e tiña un busto do rei Guillerme ollando cara á dereita, coa inscrición GULIELMUS IIII D G BRITANNIAR REX F D (abreviatura de «Guillerme IV, pola graza de Deus, rei dos británicos, defensor da fe»). No reverso, tiña a data e a inscrición FOUR PENCE, arredor dunha imaxe de Britannia, sostendo un tridente nunha man e coa outra sobre un escudo coas cruces da Union Jack. Xa que logo, o seu deseño era similar ao do penique de cobre, cuñado desde 1797.Lobel, R. (1999) . Páxinas 583-584.
O xornal Preston Chronicle and Lancashire Advertiser considerou que a nova moeda era unha emisión experimental e sinalou que, coa súa posta en circulación, calquera cantidade par de peniques podería pagarse con moedas de prata, mesmo dous peniques, xa que unha moeda de 6 peniques podería recibir unha de 4 peniques como volta."Silver Groats". En The Preston Chronicle and Lancashire Advertiser. 6 de febreiro de 1836. Páxina 4. Pola súa banda, o Bristol Mirror considerou que isto supuña unha vantaxe, e sinalou que a moeda existente ata a data só permitía o cambio exacto en prata para múltiplos de 6 peniques. Suxeriron que a nova moeda de 4 peniques lles permitiría aos viaxeiros daren propina en prata cando se considerase que 6 peniques era demasiado."New Silver Currency". En The Bristol Mirror. 23 de xaneiro de 1836. Páxina 1.