Coñécese co nome de oitomiles os 14 cumios máis altos da Terra, pois teñen máis de 8.000 metros de altitude sobre o nivel do mar. Atópanse todas elas nas cordilleiras do Himalaia e do Karakoram, en Asia.

Na lista só se consideran aqueles cumes que teñen unha preeminencia topográfica de 200 a 500 metros, o que serve para descartar subcumios e cumios intermedios. Algúns destes cumios intermedios, como o cumio intermedio do Lhotse tamén teñen a súa particular historia de escaladas, rutas e deportistas.

As montañas que superan os 8.000 metros son as seguintes:

OrdeNomeAltura (m)CordilleiraPaísPrimeiro ascenso1Everest8.848Himalaia Mahalangur - 19532K28.611Karakoram Baltoro - 19543Cancheniunga8.586Himalaia Cancheniunga - 19554Lhotse8.516Himalaia Mahalangur - 19565Macalu8.485Himalaia Mahalangur - 19556Cho Oiu8.188Himalaia Mahalangur - 19547Daulaguiri8.167Himalaia Daulaguiri19608Manaslu8.163Himalaia Manaslu19569Nanga Parbat8.125Himalaia Nanga Parbat195310Annapurna 18.091Himalaia Annapurna195011Gasherbrum 18.080Karakoram Baltoro - 195812Broad Peak8.051Karakoram Baltoro - 195713Gasherbrum 28.034Karakoram Baltoro - 195614Xixapangma8.027Langtang Himalaia1964

Alpinistas que completaron os oitomiles A primeira persoa en escalar todas as catorce montañas con máis de 8000 m foi o italiano Reinhold Messner, que completou a fazaña o 16 de outubro de 1986. Un ano máis tarde, en 1987, o polaco Jerzy Kukuczka foi o segundo home en facelo. En maio de 2010 a guipuscoana Edurne Pasaban converteuse na 23ª persoa en acadalo, sendo a segunda muller en logralo despois de que un mes antes o fixese Oh, Eun-Sun.

NomePeríodoNacionalidade1Reinhold Messner1970-19862Jerzy Kukuczka1979-19873Erhard Loretan1982-19954Carlos Carsolio1985-19965Krzysztof Wielicki1980-19966Juanito Oiarzabal1985-19997Sergio Martini1976-20008Hong-Gil Um1988-20009Park Young Seok1993-200110Alberto Inurrategi1991-200211Han Wang Yong1994-200312Ed Viesturs1989-200513Alan Hinkes1987-200514Silvio Mondinelli1993-2007 15Iván Vallejo1999-200816 Denis Urubko2000-2009 (11 de maio)17Ralph Dujmovits1990-2009 (20 de maio)18Veikka Gustafsson1993-2009 (xullo)19Andrew Lock1993-2009 (outubro)20João Garciahttp://explorersweb.com/everest_k2/news.php?id=19261 Annapurna summit push watch: SUMMITS! (Explorersweb)1993-2010 (17 de abril)21Piotr Pustelnik1990-2010 (27 de abril, 13 horas)22Oh, Eun-Sun*A ascensión ó Kangchenjunga de Oh, Eun-Sun en 2009 está baixo discusión.1997-2010 (27 de abril, 15 horas)23Edurne Pasaban LizarribarEdurne Pasabán coroa o seu 14º 'ochomil'2001-2010 (17 de maio)

Notas

Véxase tamén

Categoría:Alpinismo