6 peniquesIsabel II (1952-2022)"6 Pence - Elizabeth II 1st portrait; with 'BRITT:OMN'". Numista.com260x260pxA/: Busto espido xuvenil de Isabel II cara á dereita, con lenda arredor. Lenda: + ELIZABETH II DEI GRATIA BRITT : OMN : REGINAR/: Herba de namorar con tres flores. Marcas de gravador E.F e C.T. Lenda:· FID · DEF · SIX PENCE 1953 Datas: 1953. Ceca: Royal Mint, Londres. Gravador: A/: M. Gillick. R/: E. Fuller e C. Thomas. Aliaxe: cuproníquel (75 % Cu, 25 % Ni). Diámetro: 19,30 mm. Peso: 2,83 g. Espesor: 1 mm.

A moeda de 6 peniques británicos foi unha moeda co valor de 1/40 da libra esterlina ou medio xilin. Cuñouse por primeira vez en 1551, durante o reinado de Eduardo VI (1543-1553), e mantívose en produción, con interrupcións, ata década de 1970. A moeda cuñouse en prata desde a súa introdución ata 1947, cando pasou a producirse en cuproníquel.

Antes da decimalización do sistema monetario en 1971, a libra esterlina utilizaba o sistema monetario carolinxio, no que a unidade meirande era a libra, divisible en 20 xilins, cada un cun valor de 12 peniques, é dicir, o valor de dúas moedas de 6 peniques. Logo da decimalización, esta moeda deixou de cuñarse, aínda que seguiu en circulación ata 1980, cun valor equivalente a 2½ novos peniques.

En 2016, a Royal Mint de Londres comezou a emitir novamente a moeda de 6 peniques decimais, unicamente con carácter conmemorativo e para o coleccionismo. Estas moedas producíronse anualmente desde entón, cuñadas en prata esterlina.

Historia miniatura|esquerda|6 peniques de Eduardo VI, cuñada en Londres en 1551.|259x259px

As primeiras moedas de seis peniques cuñáronse en 1551, durante o reinado de Eduardo VI (1543-1553) de Inglaterra. Xurdiron como resultado da desvalorización das moedas de prata na década de 1540, en particular do testón de prata, cuxo valor caera daquela desde os 12 aos 6 peniques, por mor da perda da pureza da prata coa que se cuñaba, durante o reinado de Henrique VIII (1509-1547)."Sixpence". The Royal Mint Museum (Royalmintmuseum.org.uk). É probable que o testón desvalorizado resultase de utilidade nas transaccións cotiás, polo que se decidiu introducir unha nova moeda dotada formalmente co valor nominal de 6 peniques."The Story of the Sixpence". Chard (24carat.co.uk). miniatura|127x127px|Anverso dos 6 peniques de Ana (1703), coa palabra VIGO, en lembranza da Batalla de Rande. A moeda de 6 peniques cuñouse durante o reinado de todos os monarcas británicos posteriores a Eduardo VI, así como durante a Commonwealth, cunha gran cantidade de variacións e de alteracións ao longo dos anos. Durante o reinado de Xurxo II (1727-1760), o gravador xefe da Casa da Moeda de Londres, John Sigismund Tanner, foi o encargado de deseñar e gravar varias emisións desta moeda, e é probable que esta sexa a orixe do alcume tanner, co que se coñeceu popularmente a peza de 6 peniques ata a decimalización.Seaby Coin & Medal Bulletin. B. A. Seaby Ltd. 1952. Páxina 382. Outra hipótese alternativa é que o alcume derive da palabra anglo-romaní tawno, co significado de «cousa pequena».

A Real Casa da Moeda de Londres levou a cabo un programa de cuñaxe masiva en 1816, coñecido como a Gran Recuñaxe, durante o que se produciron grandes cantidades de moedas de ouro e de prata. As emisións anteriores de moedas de prata foran irregulares, e a emisión anterior, cuñada en 1787, contribuíra pouco a paliar a escaseza crónica de moedas de prata na circulación xeral.Manville, H. E.; Gaspar, P. P. (2004). "The 1787 Shilling. A Transition in Minting Technique". En British Numismatic Journal. 74. Páxinas 84-103. As novas moedas de prata debían ter daquela unha pureza de 925 milésimas e debíanse cuñar a razón de 66 xilins por libra de peso. Xa que logo, os seis peniques terían que ter un peso oficial de 1/11 onzas troy, o que equivale a 43,636 grans ou 2,828 gramos.Clancy, K. (1990). The recoinage and exchange of 1816-1817. University of Leeds.

A ceca londiniense degradou a moeda de prata en 1920, pasando do 92,5 % ao 50 % de pureza."Vintage Silver Sixpence Greeting Card". Royal Mint (Royalmint.com). Ese ano cuñáronse moedas de 6 peniques en ambas as aliaxes. Esta rebaixa levouse a cabo debido ao aumento do prezo da prata en todo o mundo e seguiu a tendencia global de eliminación ou redución da pureza da prata na moeda."1920 British transition to .500 silver coins". Coincuriosity.com A cuñaxe de moedas de prata da libra esterlina cesou por completo en 1946 por razóns similares, agravadas polos custos da segunda guerra mundial. No canto dese metal optouse por continuar a cuñaxe cunha aliaxe denominada cuproníquel, composta unicamente por cobre e níquel.Challis, C. E. (1992). Páxina 583.

A partir das propostas do parlamentario John Wrottesley na década de 1820, realizáranse xa varios intentos de decimalizar a libra esterlina durante o século e medio seguinte.Franklin, D. C. (1859). "The Decimal Currency". En The Bankers' Magazine. Vol. XV. Páxina 139.Zupko, R. E. (1990). Revolution in Measurement. Western European Weights and Measures Since the Age of Science. American Philosophical Society. Vol. 186. Páxinas 242-245. ISBN 0-87169-186-8 Estes intentos non deron resultado significativo ningún ata a década de 1960, cando se fixo urxente a necesidade dunha moeda máis acaída para os cálculos monetarios sinxelos. A decisión de decimalizar o sistema monetario anunciouse en 1966, e a libra pasou a dividirse en 100 peniques, no canto de 240."The Story of Decimalisation". Royal Mint (Royalmint.com). A decimalización fixouse para o 15 de febreiro de 1971 e introduciuse toda unha serie de moedas novas. As moedas de 6 peniques seguiron a ser de curso legal, cun valor equivalente a 2½ os novo peniques decimais, ata o 30 de xuño de 1980.Challis, C. E. (1992). Páxina 659.

Emisión decimal, a partir de 2016 En 2016, a Casa da Monda Real comezou a cuñar moedas de seis peniques decimais de prata esterlina que, malia estaren dotadas formalmente de curso legal,"By the Queen a Proclamation Determining the Specifications and Design for a New Sixpence Coin in Silver Elizabeth R.". The London Gazette. 11 de decembro de 2015 están destinadas a ser moedas conmemorativas e dirixidas ao coleccionismo, que se poñen á venda anualmente na tempada de Nadal."2020 Christmas Silver Sixpence". The Royal Mint (Royalmint.com).

Estas moedas son máis pesadas que as de seis peniques anteriores a 1970 (3,35 gramos no canto de 2,83 gramos). Levan nos seus anversos os bustos reais de Isabel II (deseñado por Jody Clark) ou de Carlos III (deseñado por Martin Jennings), en función do ano de emisión, e nos seus reversos diversos deseños específicos creados por artistas como John Bergdahl ou Quentin Peacock.6 pence: "2026-2022", "2023", "2024-2025". Numista.com

Deseños e produción miniatura|6 peniques de Isabel I, coa data 1593 no reverso."6 Pence - Elizabeth I 6th issue; 3rd type". Numista.com|284x284px As moedas de 6 peniques cuñadas durante o reinado de Eduardo VI presentan un retrato do rei no anverso, cunha rosa característica da Casa de Tudor á esquerda e o sinal do valor facial VI á dereita. Arredor do retrato aparece a inscrición EDWARD VI D G AGL FRA Z HIB REX, ou similar, que significa «Eduardo VI, pola graza de Deus, rei de Inglaterra, Francia e Irlanda»."6 Pence - Edward VI". Numista.com Todas as moedas de 6 peniques cuñadas baixo os reis e as raíñas posteriores levan unha inscrición similar no anverso que identifica o monarca —ou o Lord Protector durante a Commonwealth—, co retrato alternando normalmente entre a orientación cara á esquerda e cara á dereita, ou viceversa, entre os distintos monarcas. O reverso adoita presentar o escudo de armas real de Inglaterra, rodeado pola inscrición POSVI DEVM ADIVTORE MEVM, ou unha variante, que significa «Fixen de Deus o meu auxiliador». miniatura|6 peniques de Xacobe I, cuñado en 1609."6 Pence - James I 2nd issue; 3rd bust". Numista.com|243x243px A partir de Isabel (1558-1603), as moedas amosan o ano da súa cuñaxe estampado no reverso. De xeito pouco habitual, as moedas de 6 peniques cuñadas en 1561 e en 1562 foron producidas a máquina, no canto de cuñarse á man coa axuda dun martelo, grazas á prensa do francés Eloy Mestrelle, a quen a raíña lle concedera a autoridade para a cuñaxe de moeda.Borden, D. G.; Brown, I. D. (1983). "The Milled Coinage of Elizabeth I". En British Numismatic Journal. 53. Páxinas 108-132. Malia seren de maior calidade que as moedas cuñadas á man, as pezas elaboradas por Mestrelle eran máis caras de producir, polo que en 1572 se deixou de cuñar moeda a máquina. As moedas ficaron en circulación durante máis de cen anos, pero cumpriu esperar ata o reinado de Carlos II (1660-1685) para que se volvesen cuñar moedas de 6 peniques da libra esterlina."Eloy Mestrelle, Moneyer (?-1578)". Museum Victoria (Museumvictoria.com.au). As moedas cuñadas despois do período Tudor xa non levan a rosa de Tudor no anverso.Moriesson, H. W. (1907). "The Silver Coins of James I". En British Numismatic Journal. 4. Páxinas 165-180. miniatura|6 peniques de Carlos I."6 Pence - Charles I 5th bust; group E". Numista.com|246x246px As primeiras moedas de 6 peniques de Xacobe I (1603-1625) presentan a inscrición alternativa no reverso EXVRGAT DEVS DISSIPENTVR INIMICI, que significa «Que Deus se levante e os seus inimigos se dispersen»,"6 Pence - James I 1st issue; 1st bust". Numista.com e que a partir de 1604 pasou a ser QVAE DEVS CONIVNXIT NEMO SEPARET, co significado de «O que Deus uniu, que ningún home o separe».

As moedas de 6 peniques de Carlos I seguen o deseño habitual, agás que as cuñadas despois de 1630, que carecen de data e portan a inscrición no reverso CHRISTO AVSPICE REGNO («Reino baixo os auspicios de Cristo»).Borden, D. G.; Francis, G. R. (1919). "Silver coins of the Tower Mint of Charles I Chapter IV". En British Numismatic Journal. 15. Páxinas 79-116. miniatura|321x321px|6 peniques da Commonwealth (1649-1660)."6 Pence - Commonwealth of England". Numista.com Durante o comezo do protectorado de Oliver Cromwell non se cuñou ningún retrato no anverso, senón que se utilizou un escudo cunha coroa de loureiro no que figuraba a cruz de San Xurxo, rodeado pola inscrición THE COMMONWEALTH OF ENGLAND («A Mancomunidade de Inglaterra»). O reverso amosa combinadas as armas de Inglaterra e Irlanda, rodeadas pola inscrición GOD WITH VS. En 1658 retomouse a cuñaxe de moedas con prensa, esta vez co enxeño creado polo francés Peter Blondeau. O anverso destas moedas mecanizadas de Cromwell amosa un retrato creado por Thomas Simon, ao estilo dun emperador romano, rodeado por unha inscrición similar ás das moedas dos monarcas anteriores."6 Pence - Oliver Cromwell". Numista.com"Cromwell Coins. Commonwealth of England". Cromwell Coins (Cromwellcoins.com).miniatura|6 peniques de Xurxo III (1787)."6 Pence - George III Early coinage". Numista.com|261x261pxCoa excepción duns poucos exemplos temperáns,"6 Pence - Charles II 1st hammered issue". Numista.com as moedas de 6 peniques de Carlos II (1660-1685) seguiron cuñándose a máquina e mantiveron a práctica habitual de incluír un retrato do monarca no anverso, neste caso creado polo artista John Roettiers, en tanto que o reverso presentaba un novo deseño consistente en catro escudos dispostos en forma de cruz, coa inscrición que detalla o tratamento protocolario do monarca dividida a ambos os lados da moeda."6 Pence - Charles II Milled issue". Numista.com Con pequenos cambios, como o dispositivo no centro dos escudos e os deseños entre eles, este deseño básico seguiu cuñándose durante o reinado de Xurxo III (1760-1801), cun anverso deseñado por Lewis Pingo."Sixpence (1551-1800)". Coins-of-the-uk.co.uk